O bus I-2K é un tipo de bus para satélites fabricado na India.
Características O bus I-2K é fabricado pola axencia espacial india ISRO. Está pensado para ser usado en satélites de cerca de 2000 kg na órbita xeoestacionaria ou adaptarse a outras funcións, como misións interplanetarias. O corpo central ten forma de caixa de 1,65 x 1,53 x 3,0 m, cunha masa sen propelente de 600 kg e podendo albergar unha carga útil de 200kg. Os paneis solares poden proporcionar ata 2800 W de potencia e ten unha esperanza de vida de 12 anos.
Usouse por primeira vez no satélite GSat 1 en 2001, para logo ser usado polos satélites da serie Insat, algúns GSat e HYLAS 1.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ISRO I-1K I-3K
Categoría:Satélites artificiais