Roberto García Pernas, nado en Lousada (Xermade) o 7 de xuño de 1965, é un funcionario e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Titulado en FP Forestal-Medioambiental, é axente forestal, funcionario da Consellería de Medio Ambiente.La Voz de Galicia, Monforte de Lemos, 20-3-1988, p. 32. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Xermade e foi elixido concelleiro.La Voz de Galicia, Lugo, 18-4-2007, p. 6. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2019 volveu ser elixido alcalde, desta volta por maioría absoluta, e deputado provincial. Nas eleccións de 2023 obtivo a alcaldía por terceira vez.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Xermade
Categoría:Alcaldes de Xermade Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes