Juan Barja de Quiroga, nado na Coruña en setembro de 1897 e finado na provincia de Teruel o 1 de xaneiro de 1938, foi un militar e avogado galego.

Traxectoria miniatura|page=3|Juan Barja de Quiroga en Norte. Fillo de Manuel Barja Cerdeira. Ingresou na Academia de Toledo con 14 anos. En 1917 ingresou na Escola Superior de Guerra. En decembro de 1919 foi expulsado do exército por por negarse a formar parte dun tribunal de honra contra un compañeiro. Graduosude como profesor mercantil e implicouse na Asociación Católica Nacional de Propagandistas. Reincorporouse ao exército en 1922 e retomou os estudos na Escola Superiro de Guerra. Participou na guerra de África e en 1927 foi xefe de Estado Maior do xeneral Mola. Retornou á península en 1928 como xefe do 4º negociado de estado maior na Capitanía xXeral da VIII Rexión Militar. Foi retirado pola Lei Azaña. A finais de 1931 asinou o manifesto fundacional da Coalición Regional de Derechas Democráticas. Durante a República licenciouse en Dereito. Colaborou na revista Acción Española a partir de 1933. Foi profesor mercantil e directivo da Caixa de Aforros, Delegado Rexional de Acción Católica en Galicia, e propagandista agrario, chegando a ser secretario da Federación Católico Agraria da Coruña, e profesor do Centro de Estudios Sociales. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou e mandou a Bandera Legionaria Gallega. Unha vez disolta a Bandera en novembro, incorporouse en decembro ao cuartel xeneral do exército do Norte, ás ordes do xeneral Mola, con destino á fronte de Bilbao. Morreu no cerco de Teruel o 1 de xaneiro de 1938. Foi soterrado na Coruña.

Obras La crisis del capitalismo y la capitalización del trabajo en el participacionismo integral, 1930. Vida persoal Casou con María Josefa Paz Losada en 1923,El Compostelano, 2-8-1923, p. 2. e foi pai de Juan Manuel, María Cruz, José María, María de los Dolores, Margarita e María Josefa Barja de Quiroga Paz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1938