Manuel Barja Cerdeira, nado o 16 de outubro de 1853 en Santiago de Compostela e finado na Coruña o 5 de setembro de 1943, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1877.El Diario de Santiago, 2-7-1877, p. 2. Foi redactor de El Libredón na súa primeira etapa e o primeiro director de El Diario de Galicia. Foi presidente do Círculo Católico da Coruña,El Correo Gallego, 5-12-1894, p. 2. e da Federación Católico-Agraria. Maxistrado suplente da Audiencia da Coruña, foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación en 1930.El Ideal Gallego, 29-1-1930, p. 3. Foi presidente da Cooperativa Eléctrica Coruñesa e vicepresidente da Caixa de Aforros-Monte de Piedade da Coruña.
Obras Los foros y el artículo 1639 del Código Civil, 1897.
Vida persoal Casou con María Dolores de Quiroga Lavalle (que finou o 26 de xaneiro de 1940) e foi pai de Manuel, José Mª María e Juan Barja de Quiroga.
Notas
Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes