Victor Antoine Signoret, nado o 6 de abril de 1816 en París, e finado o 3 de abril de 1889 na mesma cidade, foi un farmacéutico, médico e entomólogo francés.
Traxectoria Seu pai, médico, dirixía unha empresa de produtos farmacéuticos. Victor estudou farmacia e despois medicina, obtendo o doutoramento en 1845 coa tese De l'Arsenic considéré sous ses divers points de vue.
Interesouse nos coleópteros e nos hemípteros, considerándose un dos primeiros grandes estudosos dos cocoideos. Estableceu métodos para a preparación de diapositivas para o exame da morfoloxía destes insectos.
Realizou numerosos viaxes por Europa e Anatolia (Asia menor), o que lle permitiu reunir unha colección de espécimes moi grande, que foi adquirida polo Museo de Historia Natural de Viena, aínda que hai material importante no Museo de Historia Natural La Specola de Florencia.
Escribiu máis de 80 artigos, entre eles "Revision du groupe des Cydnides (1881-1884)".
Honores Membro da Société entomologique de France Membro de honor da Royal Entomological Society of London
Abreviatura A abreviatura Signoret emprégase para recoñecer a Victor Antoine Signoret como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Jean Gouillard (2004): Histoire des entomologistes français, 1750-1950. Édition entièrement revue et augmentée. París: Éditions Boubée. ISBN 978-2-8500-4109-9. Jean Lhoste (1987): Les Entomologistes français. 1750-1950. INRA Éditions. Anthony Musgrave (1932): Bibliography of Australian Entomology, 1775-1930, with biographical notes on authors and collectors. Sydney: Royal Zoological Society of New South Wales.
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1816 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1889