A TPBSA utilización das súas siglas en inglés en xornais e documentos é moi común en Tailandia. Exemplo do seu emprego nun folleto do Senado de Tailandia () é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal.
Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Historia
Os anos de iTV Despois das protestas antigobernamentais de 1992 comezou a se debater sobre a creación dunha canle de televisión que emitise novas e información sen a intervención do Estado. Como resultado naceu a iTV, unha canle privada que principiou a emitir en 1995 como unha concesión estatal por 30 anos. Segundo o concerto da concesión, a iTV tiña que emitir novas e información cando menos nun 70% das súas horas de emisión. Esta condición facía difícil á iTV lograr beneficios e a crise económica de 1997 foi un duro golpe que levou á reestruturación da súa enorme débeda. A propiedade pasou da Nation Multimedia Group á Shin Corporation propiedade da familia de Thaksin Shinawatra, elixido primeiro ministro en 2001.
En 2004 a iTV puido aumentar as horas dedicadas á programación de entretemento e reducir significativamente a taxa anual da licenza, o que levou a recibir duras críticas como unha acción contraria ao seu mandato orixinal e de potenciais conflitos de intereses. Tamén se criticou á iTV por información tendenciosas a favor do goberno Thaksin, particularmente arredor da venda de Shin Corporation a Temasek Holdings e á situación sociopolítica posterior, que conduciu a un golpe de Estado en 2006. miniatura|Unha xornalista da TPBS durante unha entrevista que se realizou en 2010 ao entón primeiro ministro Abhisit Vejjajiva
Da iTV á TITV En xuño de 2006, o Tribunal Administrativo Central decidiu que o cambio de estrutura da programación da iTV violaba as condicións establecidas na concesión e sentenciou á iTV ao pagamento dunha multa e das cotas completas anuais, o que supuña 94 millóns de baht. A decisión case levou á creba da iTV e logo do golpe de setembro de 2006 o goberno ameazou con nacionalizala e ao ano seguinte, en febreiro, nomeou un novo consello de administración con funcionarios e a cadea pasou a se denominar TITVaínda que a súa programación seguiu a cargo da antiga iTV. A primeiros do mes de marzo o goberno revogoulle a concesión pero o 7 dese mes devolveulla á iTV.
Creación de Thai PBS A administración Surayud formou unha comisión presidida por Somkiat Tangkijvanich para estudar a posibilidade de transformar a iTV nunha canle pública financiada polo Estado e da que saíu a proposta dunha lei de servizo público de radiodifusión na que se establecían medidas para protexela contra da influencia política e comercial. Segundo esta lei a nova estación pública recibiría financiamento procedente dos impostos sobre o tabaco e o alcol para garantir a súa independencia financeira e para protexela de calquera inxerencia empresarial. A organización deseñouse de tal xeito que se asegure a autonomía fronte a calquera intervención de cargos políticos ou poderes do Estado. Tamén requiría a creación dun comité de espectadores para garantir a responsabilidade e a calidade dos programas á vez que reflectía as preferencias dos espectadores.
A súa creación foi controvertida ao desprazar á privada iTV. O anuncio do peche da iTV e a súa substitución pola pública e sen publicidade TPBS de acordo coa nova lei fíxose sen anuncio previo e sen garantir os empregos dos 800 empregados da antiga iTV/TITV. Tras o cesamento de toda a súa programación, durante un período de transición de dúas semanas foi o departamento de relacións públicas da Televisión de Tailandia o encargado da realización da programación, que consistiu basicamente en homenaxes á princesa Galyani Vadhana, que morrera o 2 de xaneiro de 2008"Public TV channel launched", Bangkok Post, 15 de xaneiro de 2008Rocky start for TITV , The Nation, 15 de xaneiro de 2008..
Comezo das emisións A nova programación da TPBS comezou o 1 de febreiro de 2008 co nome de Thai TV e compúñase de documentais e programas infantís. A súa programación emitíase orixinalmente de 16:30 a 23:00, para se ampliar deseguido de 11:30 a 23:00, e posteriormente das 05:00 ás 02:00, con de cinco a seis horas de programas informativos e de novasTPBS news to air on Feb 15 , The Nation, 25 de xaneiro de 2008. A maioría do persoal da TPBS procedía da iTV/TITV e o primeiro director foi Thepchai Yong, un recoñecido xornalista. O 8 de abril de 2011 a canle de televisión adoptou o nome de Thai PBS
Durante a súa curta historia, o goberno do momento atacou á TPBS, e así o primeiro ministro Prayut Chan-o-cha en marzo de 2016 criticouna por considerar a súa cobertura unilateral, e segundo a súa opinión, xa que o seu financiamento era estatal tiña a obriga de popagar o ben que o está a facer o goberno .
Transición dixital
Thai PBS comezou en decembro de 2015 o proceso de mudanza da transmisión analóxica á dixital en todo o pais, principiouse cos transmisores de Chiang Mai (no distrito de Fang) e Surat Thani (no distrito Koh Samui) o 1 de decembroVídeo promocional, consultado o 17 de setembro de 2016.. A apagada analóxica completouse na medianoite do 15 ao 16 de xuño de 2018 nos transmisores de Bangkok, Chiang Mai e Chiang RaiDitigal TV , thaipbs.or.th
Notas
Categoría:Cadeas de televisión de Asia