Ertuğrul ( romanizado Erṭoġrıl, ; adoita engadirse o título Gazi) (m. ca. 1280), foi o pai de Osman I. Segundo a tradición otomá, era fillo de Suleyman Shah, líder da tribo Kayı dos turcos oguz, que fuxiron do oeste de Asia Central para Anatolia por mor das conquistas mongois. Así e todo, outras tradicións afirman que era fillo dun personaxe de nome Gündüz Alp. Tras a morte do seu pai, Ertuğrul e os seus seguidores entraron ao servizo do sultanato de Rum e en troco recibiron o dominio sobre a cidade de Söğüt na fronteira co Imperio Bizantino. Como ao seu fillo, Osman, e aos seus descendentes, cítase a miúdo a Ertuğrul como un Ghazi, un loitador heroico da causa do islam.Peter F. Sugar Southeastern Europe under Ottoman rule 1354-1804, p.14

Traxectoria Nada se sabe de certo sobre a vida de Ertuğrul, alén de ser o pai de Osman; as referencias máis antigas son historias escritas polos otománs a partir de finais do século XIV e os dous grupos de tradicións que o evocan no século XV son de carácter lendarioV.L. Ménage, s.v. Ertoghrul in Encyclopaedia of Islam, Second Edition. Volume II, 1991, pp.710-711.e, xa que logo, de precisión cuestionable. Hai algunhas moedas cuñadas pouco despois da súa morte, en especial unha co texto "Cuñada por Osman fillo de Ertuğrul" que suxire que Ertuğrul foi realmente unha figura histórica. Noutra moeda lese "Osman bin Ertuğrul bin Gündüz Alp", malia Ertuğrul considerarse tradicionalmente fillo de Suleyman Shah. Segundo estas tradicións tardías, Ertuğrul foi o xefe da tribo Kayı dos oguz. Como resultado da axuda que lle deu os selxúcidas contra dos Bizantinos, o sultán sexúcida do Rum Ala ad-Din Kay Qubadha I concedeulle terras en Karaca Dağ, unha zona montañosa preto de Angora (actual Ankara). Un relato indica que foi por repeler unha incursión hostil dos bizantinos ou outro adversarioAli Anooshahr, The Ghazi Sultans and the Frontiers of Islam, pg. 157. Máis tarde, recibiu a aldea de Söğüt que conquistou xunto coas terras veciñas. Esa aldea, onde morrería, converteuse na capital otomá co seu fillo Osman.

Legado Segundo a tradición, Osman edificou en Söğüt unha tumba e mesquita dedicada a Ertuğrul pero o certo é que non se sabe a orixe real desas estruturas. O actual mausoleo erixiuno o sultán Abdul Hamid II a finais do século XIX. A cidade de Söğüt celebra un festival anual en memoria dos primeiros Osman.

Notas

Categoría:Finados en 1280