Dominic Lee Pudwill Gorie, nado en Lake Charles (Louisiana) o 2 de maio de 1957, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-123, STS-108, STS-91 e STS-99.

Traxectoria Gorie graduouse en enxeñería oceánica pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1979. É máster en sistema de aviación pola Universidade de Tennessee en 1990.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994. Participou nas misións STS-123, STS-108, STS-91 e STS-99, pasando un total de 48,64 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-123 STS-108 STS-91 STS-99

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados na parroquia de Calcasieu, Luisiana