A quinta dinastía do antigo Exipto (V Dinastía) a miúdo combínase coas dinastías III, IV e VI baixo o título do grupo o Antigo Reino. Os faraóns da quinta dinastía reinaron durante uns 150 anos, aproximadamente, desde principios do século XXV a. C. ata mediados do século XXIV a. C.

Cronoloxía A quinta dinastía de Exipto son un grupo de nove faraóns que gobernaron Exipto durante aproximadamente 150 anos nos séculos XXV e XXIV a. C. A relativa sucesión de faraóns non está completamente garantida xa que hai contradicións entre fontes históricas e evidencias arqueolóxicas respecto do reinado do escurecido Shepseskare.

Faraóns Os gobernantes coñecidos na V dinastía figuran a continuación. Manetón asigna 248 anos de goberno á quinta dinastía, con todo, os faraóns desta dinastía gobernaron probablemente durante uns 150 anos aproximadamente. Esta estimación varía entre os académicos e as fontes. O Nome de Horus e a maioría dos nomes das raíñas son tomados de Dodson e Hilton. +Faraóns da V dinastíaNome do faraón Nome de Horus ImagesDuración estimada do reinado PirámideRaíña(s) Userkaf Irimaat 70px7 anos Pirámide en Saqqara Khentkaus I ? Neferhetepes Sahure Nebkhau 70px13 anos, 5 meses e 12 días Pirámide en Abusir Neferetnebty Neferirkare Kakai Neferirkare 70px20 anos Pirámide en Abusir Khentkaus II Neferefre Neferkhau 70px 2 a 3 anos Pirámide incacabada de Neferefre en Abusir Khentakawess III ? Shepseskare Shepseskare 70px Probablemente uns meses Probablemente en Abusir Nyuserre Ini Nyuserre 70px 24 a 35 anos Pirámide en Abusir Reptynub Menkauhor Kaiu Menkauhor 70px8 ou 9 anos "Pirámide descabezada" en Saqqara Meresankh IV? Djedkare Isesi Djedkare 70px 33 a 44 anos Pirámide en Saqqara Setibhor Unas Wadjtawy 70px 15 a 30 anos Pirámide en Saqqara NebetKhenut

Manetón escribe que os faraóns da V dinastía gobernaban desde Elefantina, pero os arqueólogos atoparon evidencias que demostran claramente que os seus palacios aínda estaban situados en Ineb-hedj ("Muros brancos").

Como anteriormente, enviaronse expedicións a Wadi Maghareh e a Wadi Kharit no Sinaí para extraer turquesas e cobre e ás canteiras do noroeste de Abu Simbel para sacar gneis. Enviaronse expedicións comerciais ao sur a Punt para obter a malaquita, mirra e electro, os achados arqueolóxicos en Biblos dan fe das expedicións diplomáticas enviadas a esa cidade fenicia. Os achados que levan o nome de varios reis da V dinastía no sitio de Dorak, preto do Mar de Marmara, poden ser probas do comercio, pero non deixan de ser un misterio.

Userkaf Non se sabe con certeza de como o faraón Userkaf fundou esta dinastía. O 'Papiro Westcar', escrito durante o Reino Medio, conta unha historia de como o faraón Queops da IV dinastía recibiu unha profecía que contaba que os trillizos nados da esposa do sacerdote de Ra en Sakhbu o derrocarían a el e aos seus herdeiros, e como intentou matar a estes nenos, chaamados Userkaf, Sahure e Neferirkare. Non obstante, nos últimos anos, os estudosos recoñeceron que esta historia é no mellor dos casos unha lenda e admitiron o seu descoñecemento sobre como transcorreu a transición dunha dinastía a outra.

Durante esta dinastía, a relixión exipcia fixo varios cambios importantes. Aparecen as primeiras copias de oracións funerarias inscritas nas tumbas reais (coñecidas como textos da pirámide). O culto ao deus Ra gañou importancia e os reis de Userkaf a través de Menkauhor Kaiu construíron templos dedicados a Ra en ou preto de Abusir. Despois ao final desta dinastía, o culto á deidade de Osiris asume importancia, sobre todo nas inscricións atopadas na tumba de Unas.

Djedkare Isesi Entre os exipcios que non pertencian á realeza da época, Ptahhotep, visir do faraón Djedkare Isesi, gañou a fama pola súa sabedoría, As máximas de Ptahhotep atribuíronselle polos seus copistas posteriores. As tumbas non reais tamén estaban decoradas con inscricións, como as reais, pero en vez de oracións ou incantacións, escribíase nas paredes a biografía do falecido.

Cronoloxía da V dinastía Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos: Primeiro faraón: Userkaf 2513-2506 (Redford) 2500-2490 (Krauss) 2494-2487 (Shaw) 2479-2471 (von Beckerath) 2471-2464 (Dodson) 2465-2458 (Allen) 2454-2447 (Malek) Último faraón: Unis 2404-2374 (Redford) 2385-2355 (Dodson) 2380-2350 (Krauss) 2375-2345 (Shaw) 2353-2323 (Allen) 2342-2322 (von Beckerath) 2341-2311 (Malek)

Cronograma

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte Cuarta Dinastía quinta dinastía Sexta Dinastía

05