Maliglutit (en ) é un filme canadense de 2016 en lingua inuktitut dirixido por Zacharias Kunuk e Natar Ungalaaq, o cal foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Baséase no filme de 1956 The Searchers, dirixido por John Ford. Está ambientado nos Norte do Canadá no ano 1913. Conta a historia de Kuanana (Benjamin Kunuk), un home que regresa de cazar e descobre que a maior parte da súa familia foi asasinada e que a súa muller e filla foron secuestradas.

O filme foi rodado en Nunavut cun elenco completamente inuit, e con colaboracións dunha tribo local. A produción do filme foi problemática por mor do frío extremo. Recibiu valoracións positivas no Canadá, e foi nomeado a dous Premios Canadian Screen, incluíndo a categoría ó mellor filme.

Personaxes Benjamin Kunuk como Kuanana Karen Ivalu como Tagaq Jonah Qunaq como Aulla Joey Sarpinak como Kupak Jocelyne Immaroitok como Ailla Joseph Uttak como Siku

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inuktitut Categoría:Filmes dirixidos por Zacharias Kunuk Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes rodados en Nunavut Categoría:Filmes ambientados nos Territorios do Noroeste Categoría:Filmes ambientados en 1913