A cardiotrofina-1 (CT-1) é unha citocina. É un factor proteico hipertrófico cardíaco de 21,5 kDa, membro da familia de citocinas da IL-6.

Patoloxía A CT-1 está asociado coa fisiopatoloxía de doenzas cardíacas, como a hipertensión, infarto de miocardio, enfermidade cardíaca valvular e insuficiencia cardíaca conxestiva.

Modo de acción Esta proteína exerce os seus efectos celulares interaccionando co heterodímero glicoproteína 130 (gp130)/receptor beta do factor inhibidor da leucemia (LIFR). Ademais, a CT-1 activa a fosfatidilinositol 3-quinase (PI-3 quinase) en cardiomiocitos e potencia as actividades de unión ao ADN do factor de transcrición NF-κB.

A CT-1 exprésase abundantemente no corazón, músculo esquelético, próstata e ovario e en menores niveis nos pulmóns, riles, páncreas, timo, testículos e intestino delgado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Xenes do cromosoma 16