miniatura|320x320px|Mapa das cabilas durante o Protectorado Español de Marrocos Cabila é un termo de orixe árabe (قبيللة, qabīla, plural قبائل, qabāʾil) empregado para designar as tribos bérberes do Norte de África, especialmente no norte de Marrocos e Alxeria e os territorios que tradicionalmente ocupan. O termo adóitase confundir co pobo bérber que habita a Cabilia, unha rexión montañosa do norte de Alxeria .
Segundo a definición do antropólogo David Montgomery Hart, unha cabila é unha "unidade homoxénea e independente política e socialmente que ocupa unha zona determinada".
Durante o Protectorado Español de Marrocos, na primeira metade do século XX, as cabilas foron a base da organización territorial político-administrativa.Vilanova (2010) Cada unha delas era gobernada por un caid (alcaide), agás aquelas que se resistiron a aceptar a estrutura administrativa colonial, as cales foron administradas directamente por gobernador militares.
Notas
Categoría:Protectorado Español de Marrocos Categoría:Grupos étnicos de Marrocos
Véxase tamén
Bibliografía