Ernesto Suárez Is, nado en Xixón (Asturias) o 19 de maio de 1988, máis coñecido polo seu nome artístico Ernesto Is, é un dramaturgo, narrador oral e escritor en lingua galega e castelá.
Traxectoria
Titulado superior en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de dramaturxia, anteriormente fórmase no eido da produción e da realización audiovisual.
No 2016 gaña (ex aequo) o Premio Abrente da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Fendas. En 2017 obtén o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña con Despois das Ondas, monólogo dramático sobre a vida da actriz franco-galega María Casares. Volve gañar o Premio Abrente na edición do ano 2021 con Profetas. No ano 2023, a súa peza Memoria de la nisal acada o Premio ‘Asturias Joven’ de Textos Teatrais do Instituto Asturiano da Xuventude.
Foi seleccionado para participar no VI Programa de desenvolvemento das dramaturxias actuais 2017 do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM), dando como resultado a peza El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas. No 2018 forma parte do grupo de traballo para a escrita teatral do Centro Dramático Galego, coordinado por Manuel Lourenzo, coa escrita da obra Onde veñen morrer as baleas. Os teatros Arriaga (Bilbao), Victoria Eugenia (Donostia) e Principal (Vitoria) seleccionaron o seu proxecto dramatúrxico Canciones amarillas, flores tristes para participar no programa Nuevas Dramaturgias 2020.
En 2021 o seu proxecto Relato para un incendio resultou gañador da primeira bolsa de dramaturxia impulsada pola Agadic, a través do Centro Dramático Galego; obra estreada por AAntena Teatro en 2022.
Escribe para as compañías Feira do Leste (Exilio das Moscas e Tras Tannhäuser —axudas á ‘Creación Joven’ do Injuve—), Señora Supina (Hotel Europa) e Inversa Teatro (O péndulo, coautoría xunto a Marta Pérez). En 2023, crea, xunto á actriz e directora Nerea Brey, a compañía Manekineko, coa que estrea a súa primeira produción en 2024: Cancións amarelas, flores tristes.
Na actualidade, compaxina o seu traballo creativo coa docencia de escrita teatral e cinematográfica en diferentes colectivos e institucións. Colabora ou colaborou coa Revista Galega de Teatro, a revista de ocio cultural A Movida e o programa Zigzag Diario da Televisión de Galicia.
Estreas
O ceo baixo Berlín. Teatro Aforo (Vigo). Dirección de María Francelina. 2015. Exilio das Moscas. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2016. Tras Tannhäuser. Sala Ártika (Vigo). Dirección de César No. Feira do Leste. 2017. Epiderme. Teatro Ensalle (Vigo). Dirección de Ernesto Is. Belabesta Teatro. 2018. Magnitudes. Lectura dramatizada. II Torneo de Dramaturxia de Galicia - Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. 2018. Fíos. Lectura dramatizada. Festival PLATTA - Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal). 2018. Despois das Ondas. Teatro Colón (A Coruña). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero. 2019. Hotel Europa. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Javier Lojo. Compañía Señora Supina. 2022. O Péndulo. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Carlos Álvarez-Ossorio. Inversa Teatro. 2022. Relato para un incendio. MIT de Ribadavia. Dirección de Xosé Leis. AANtena Teatro. 2022. Cancións amarelas, flores tristes. Auditorio do Concello de Vigo. Dirección de Nerea Brey. Manekineko. 2024.
Obra
Obra en galego
Obra dramática Fendas, Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense (2018). ISBN 978-84-92958-45-0 Despois das ondas, Deputación da Coruña (2018). Limiar Inma López Silva. ISBN 978-84-9812-326-5 Tras Tannhäuser en Dramaturxia galega actual. Vol I. Á Feira, Vigo (2018). Limiar Javier Lojo. ISBN 978-84-09-00858-2 Onde veñen morrer as baleas en DramaturXa. Edicións Positivas e AGADIC, Compostela (2019). Limiar Fefa Noia e Manuel Lourenzo. ISBN 978-84-453-5328-8 Despois da ondas. Editorial Galaxia, Vigo (2022). Limiar Inma López Silva. ISBN 978-84-9151-830-3. Sobre María Casares. Hotel Europa. Edicións Positivas, Santiago de Compostela (2022). ISBN 978-84-124258-5-7 O péndulo. Edicións Positivas, Santiago de Compostela (2022). ISBN 978-84-124258-3-3 Profetas. Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense (2022). Limiar Afonso Becerra. ISBN 978-84-92958-59-7.
Obra dramática breve O ceo baixo Berlín, nº 85 da erregueté - Revista Galega de Teatro, Cangas (2016). Fíos, nº 93 da Erregueté (Revista Galega de Teatro). Cangas, 2017. Magnitudes en II Torneo de Dramaturxia de Galicia. Edicións Positivas, Compostela (2020). ISBN 978-84-121415-6-6 Aba e Don en DramaturGA 20 (11 textos breves). Ediciones Invasoras, Vigo (2020). Limiar Francisco Oti Ríos. ISBN 978-841699-38-33
Libros colectivos O libro do fútbol. Editorial Galaxia, Vigo (2023).
Obra en castelán Obra dramática El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas; edición dixital na web da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos (2017) . Canciones amarillas, flores tristes (2020). Memoria de la nisal. Ediciones Trabe, Oviedo (2024). ISBN 978-84-10345-05-8
Obra dramática breve Hinchados en Un minuto de justicia. Ediciones Invasoras, Vigo (2019). 124 páxs. ISBN 978-84-16993-51-2 Anoche en Microteatro en el Hórreo. Editorial Círculo Rojo, El Ejido (2015). ISBN 978-84-9115-880-6
Obra en asturiano Obra dramática breve
La regla d’un trasgu , publicada no libro Microteatro en el Hórreo. Editorial Círculo Rojo, El Ejido (2015). ISBN 978-84-9115-880-6
Colaboracións en medios
erregueté - Revista Galega de Teatro
"Momentos que deixan pegada", Erregueté nº 83 (2015). Entrevista a Ana Vallés e Baltasar Patiño (Matarile Teatro), Erregueté nº 88 (2016). "A Berberecheira: honestidade e autoficción", Erregueté nº 98 (2019). Críticas, recensións e entrevistas online. Coordinador da sección "No confín de..." para a web da Erregueté.
A Movida - Axenda de ocio e cultura de Vigo Coordinación da sección "As outras luces" (2019-2024).
Zigzag diario da Televisión de Galicia Colaborador na sección de artes escénicas do programa durante a temporada 2021-2022.
Recoñecementos 2014: I Premio 'A Pegada' de teatro radiofónico. Do material do que están feitos os soños. 2014: Accésit 'A Pipa' de dramaturxia breve. O ceo baixo Berlín. 2015: 2º Premio 'A Pipa' de dramaturxia breve. Fíos. 2016: XI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Fendas. (ex aequo) 2017: Accésit 'A Pegada' de teatro radiofónico. Bestiario. 2017: XVIII Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña. Despois das ondas. 2021: XVI Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Profetas. 2023: Premio 'Asturias Joven' de Textos Teatrales del Instituto Asturiano de la Juventud. Memoria de la nisal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ernesto Is en Contexto Teatral Entrevista en Plató Abierto de TeleVigo
Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Asturias en lingua galega Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1988