A Shoreline Dream é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Denver, Colorado. O seu son foi descrito como “unha mestura temperamental de rock psicodélico e post-rock", soando "como unha banda fóra de tempo", e tendo unha calidade de son suficientemente única para que "sobrepase" a etiqueta shoegaze. No presente a banda está formada polos dous membros orixinais, o vocalista, guitarrista e produtor Ryan Policky e o guitarrista Erik Jeffries, que gravan no seu propio estudio, Shoreline Studios.
Historia Policky formou A Shoreline Dream en 2005 co batería/DJ Gabriel Ratliff. A parella traballara anteriormente xunta nas bandas Pure Drama (que publicou dous álbums, On the Surface (2001) e Pure Drama (2003)) e Drop the Fear (que lanzou un único álbum epónimoen 2004). Jeffries foi recrutado de Pure Drama, mentres que o baixista Enoc Torraca foi escollido dun grupo de coñecidos. A banda usou unha hipoteca sobre a casa de Policky para montar o seu propio selo discográfico, Latenight Weeknight Records, e gravou, editou e promoveu a súa estrea, Avoiding the Consequences, en 2006.
En 2007 A Shoreline Dream publicou un segundo EP, Coastal, que chamou a atención do produtor alemán Ulrich Schnauss, do cal eran fans. Ratliff xa marchara nese punto da súa carreira, e Michael Scarano tocou a batería en dous dos temas. Schnauss colaborou posteriormente coa banda (co seu novo batería Sean Merrell) no EP NeverChanger, que foi masterizado polo produtor de Low/Galaxie 500 Kramer e lanzado en xullo de 2008, pouco despois de que a banda aparecese no "Next 100" de Urb Magazine.
Tras unha xira de verán en 2008 con Schnauss,Rosen, Craig. "A Shoreline Dream Recollects Memories Of Shoegazing's Past". Yahoo! Music, 20 de febreiro de 2009. A Shoreline Dream gravou o seu segundo álbum, Recollections of Memory, que foi publicado en febreiro de 2009 a través de Latenight Weeknight. O disco foi masterizado novamente por Kramer, e incluíu tres colaboracións máis con Schnauss.
En setembro do ano 2009 Torraca deixou a banda para perseguir metas persoais e foi substituído por Adam Edwards, anteriormente en Flyaway Minion.Neises, Kris. "Flyaway Minion in studio" "Dayton Daily News", 14 de setembro de 2006.
A banda actuou no festival anual de Austin South by Southwest en marzo de 2010. No mes de xullo dese ano o grupo gravou unha colaboración con Schnauss, "London", no estudio deste último en Leytonstone, Inglaterra. O tema foi publicado o 24 de xaneiro de 2011 no recompilatorio do selo Rocket Girl 3... 2... 1... A Rocket Girl Compilation.
A principios de 2011 publicaron un sinxelo dixital, unha versión do tema de Fleetwood Mac "The Chain","FILTER Magazine - Media - A Shoreline Dream, The Chain (Fleetwood Mac Cover)". filtermagazine.com. seguido por un terceiro álbum, Losing Them All to This Time. Ese mes de xullo, British GQ usou a canción de A Shoreline Dream "NeverChanger" nun video para a súa primeira app para iPad. Neste video aparece a modelo e actriz Rosie Huntington-Whiteley e tamén está dispoñible en YouTube.
En 2012 a banda lanzou tres EPs, un por mes durante tres meses, titulados Three, 3 e III. No mes de setembro os EPs publicáronse xuntos nunha edición limitada de tres discos titulada 333.
A Shoreline Dream rematou 2012 cun sinxelo lanzado o día de Nadal titulado "The Land of Those Who Wander". Para os concertos que seguiron a este lanzamento regresou o batería orixinal Gabriel Ratliff.
A Shoreline Dream editou o seu cuarto álbum, The Silent Sunrise, o 9 de setembro de 2014. Nunha recensión positiva, PopMatters describiu o disco como "o que obterías se My Bloody Valentine entrase nun set dos anos 80 dunha película de John Hughes". Para a gravación uníronse a Policky e Jeffries o baixista Adam Edwards e os baterías Michael Scarano e Erin Tidwell.
Tras cinco meses de composición, o seu derradeiro álbum ata a data, Melting, foi publicado o 21 de agosto de 2020.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloAvoiding the Consequences2006Latenight Weeknight RecordsRecollections of Memory2009Latenight Weeknight RecordsLosing Them All to This Time2011Latenight Weeknight RecordsThe Silent Sunrise2014Latenight Weeknight RecordsMelting2020Latenight Weeknight Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Colorado Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 2005