Os billetes da coroa austrohúngara son os emitidos consonte o sistema monetario oficial do Imperio Austrohúngaro, desde 1892 (cando a coroa substituíu o florín ao se adoptar o padrón ouro) ata a disolución do imperio en 1918. A unidade monetaria era a coroa austrohúngara (alemán: Krone; húngaro: korona) que tiña o heller como divisionaria na parte austríaca e o fillér na parte húngara do imperio (ademais de halier en Eslovaquia e haléř en Chequia), todas elas equivalentes á centésima parte da coroa."Information about currency: Austro-Hungarian Krone". Online Coin Club.

Billetes austrohúngaros en coroas ImaxeValorDimensiónsDescriciónDatasAnversoReversoAnversoReversoImpresiónEmisiónRetiradaSerie de 1900-190285x85px85x85px10 coroas121 x 80 mmNenos (putti)Nenos (putti)31-III-19002-II-190128-II-190792x92px92x92px20 coroas131 x 87 mmRepresentación feminina de AustriaRepresentación feminina de Austria20-IX-190030-VI-1910105x105px105x105px50 coroas150 x 100 mmModelos femininos.Modelos femininos.2-I-190226-V-190231-XII-1916112x112px112x112px100 coroas160 x 106 mmAlegorías da ciencia e da industria.Alegorías da arte e da agricultura.20-X-190231-VIII-1912134x134px134x134px1.000 coroas191 x 127 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-I-190331-XII-1918Serie 1904-191098x98px98x98px10 coroas140 x 80 mmPrincesa Rohan.Princesa Rohan.2-I-190425-II-190531-XII-1918105x105px105x105px20 coroas150 x 89 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-I-190722-VI-190831-XII-1915114x114px114x114px100 coroas163 x 107 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-I-191022-VIII-191031-V-1915Serie 1912-1915105x105px105x105px10 coroas150 x 80 mmModelo infantil.Modelo infantil.2-I-191524-VII-191631-XII-1918105x105px105x105px20 coroas150 x 89 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-I-191329-IX-1913113x113px113x113px50 coroas162 x 100 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-I-191418-XII-1916114x114px114x114px100 coroas163 x 107 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-I-191213-XII-1912Emisións de guerra78x78px78x78px1 coroa112 x 67 mmArquitectura clásica.Cabeza frixia.1-XII-191621-XII-191631-XII-191878x78px78x78px2 coroas112 x 67 mmModelo feminino.Valor5-VIII-191416-VIII-191431-VII-191788x88px88x88px2 coroas125 x 85 mmModelos femininos.Modelos femininos.1-III-19179-VII-191731-XII-1918Emisións de posguerra (validez limitada)95x95px95x95px25 coroas135 x 80 mmModelo feminino.Padrón liso ou ondulado.27-X-191830-X- 191831-XII-1918118x118px118x118px200 coroas168 x 100 mmModelo feminino.Padrón liso ou ondulado.134x134px134x134px10.000 coroas191 x 127 mmModelo feminino.Modelo feminino.2-XI-191819-XII-1918

Billetes contramarcados logo da fin do Imperio miniatura|Billete coa contramarca de Checoslovaquia Logo da disolución do Imperio, non só Austria e Hungría contramarcaron os billetes da coroa austrohúngara para limitar o seu uso ás novas fronteiras en tanto que non se creaban as novas moedas nacionais, senón que o mesmo sucedeu noutras áreas do extinto imperio:Roberts, R. (2011). "A stable currency in search of a stable Empire? The Austro-Hungarian experience of monetary union". En History and Policy. 1 de outubro.

Checoslovaquia A primeira República de Checoslovaquia utilizou uns selos adhesivos colocados sobre os billetes austrohúngaros como primeira versión da coroa checoslovaca, ata que o 15 de abril de 1919 creou oficialmente a coroa checoslovaca cunha equivalencia á par coa antiga coroa do Imperio. Hoxe a coroa (koruna) segue a ser a unidade monetaria oficial da República Checa e foino tamén de Eslovaquia ata a adopción do euro.

Fiume

miniatura|Billete coa contramarca de Fiume No Estado Libre de Fiume (na actual Croacia), a autoridade do Consello Nacional Italiano, que gobernaba a cidade, acordou o 18 de abril de 1819 a creación da coroa de Fiume ou corona fiumana (abreviada Cor. ou FiuK). Con tal propósito, reestampáronse en 1919 e 1921 billetes dunha e de dúas coroas austrohúngaras, e en 1920 os valores de 2, 10, 20, 50, 100 e 1.000 coroas. Estes billetes contramarcados estiveron en circulación ata febreiro de 1921 e, xa antes, en setembro de 1920, introducírase no territorio a lira italiana como moeda oficial, cunha taxa de cambio de 0,40 liras por coroa.Cuhaj, G. S. (2009). Páxinas 592-593.Emoroso, O. (2015). "Il caos valutario del periodo interalleato: dalla corona ungherese a quella fiumana". En FiumeFil. 29 de outubro.Emoroso, O. (2017). "La riforma monetaria del periodo dannunziano a Fiume". En FiumeFil. 17 de novembro.

Romanía miniatura|Billete coa contramarca de Romanía En Romanía houbo dúas emisións de billetes mediante a estampaxe de billetes austrohúngaros, ambas en 1919: a primeira destas emisións provisionais consistiu na colocación dun selo na face austríaca dos billetes, en tanto que na segunda se colocou na face húngara. Os valores reestampados foron 10, 20, 50, 100, 1.000 e 10.000 coroas das emisións de coroa austrohúngara de 1902 a 1918.Cuhaj, G. S. (2009). Páxina 939.

Croacia, Eslovenia e Bosnia e Herzegovina Nestes territorios, que se converteron en parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos en 1918 (máis tarde Iugoslavia), as novas autoridades reestamparon os billetes do imperio para seren usados coa denominación de coroa serbia, croata e eslovena, moeda que en 1920 foi substituída polo dinar, cunha taxa de cambio de 1 dinar = 4 coroas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Coroa (moeda) Moedas da coroa austrohúngara Imperio Austrohúngaro

Bibliografía Adamovszky István. (2006). A koronarendszer 1892-1925. Budapest (2006). ISBN 963-060-464-7 Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7 Books, L. L. C. (2010). Currencies of Austria-Hungary: Austro-Hungarian Krone, Austro-Hungarian Gulden, Banknotes of the Austro-Hungarian Krone. General Books LLC. ISBN 9781158262533 Cuhaj, G. S. (2009). Standard Catalog of World Paper Money Specialized Issues (11 ed.). Krause. ISBN 978-1-4402-0450-0. Cuhaj, G. S. (2010). Standard Catalog of World Paper Money General Issues (1368-1960) (13 ed.). Krause. ISBN 978-1-4402-1293-2. Leányfalusi Károly, Nagy Ádám. (2006). A korona-fillér pénzrendszer – Magyarország fém- és papírpénzei 1892-1925. Magyar Éremgyujtok Egyesülete. Budapest. ISBN 963-229-523-4 Rádóczy Gyula, Tasnádi Géza (1992). Magyar papírpénzek 1848-1992. Danubius Kódex Kiadói Kft. ISBN 963-7434-11-9

Ligazóns externas Catálogo de billetes da coroa austrohúngara

Categoría:Coroa (moeda) Categoría:Moedas do Imperio Austrohúngaro Categoría:Moedas de Austria Categoría:Moedas de Hungría Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Billetes