O río Amu Daria,, / / Амударё/ەمۇدەريا , , e historicamente coñecido en latín como Ptolemaeus, Geography, §6.10.1 (en taxico, Омударё ou дарёи Ому, Omudaryo ou Daryoi Omu; en persa آمودریا, Âmudaryâ; en uzbeko, Amudaryo, onde darya en persa antigo significa mar ou gran río), é un longo río de Asia Central, antigumente chamado Pamir e Oxus, polos gregos.

Nace na cordilleira do Pamir, serve de fronteira natural entre Afganistán, Tadjiikistán, Turkmenistán e Uzbekistán, e desemboca no mar de Aral; antigamente desembocaba no mar Caspio.

Ten un curso aproximado de 2 540 km.

Recibe o nome da cidade de Āmul, actual Türkmenabat, pola cal flúe.

Xeografía

O Amu Daria nace na unión do río Vakhsh (786 km) e o río Panj (1 125 km).

A poboación local refírese ao río como Jayhoun (جيحون) cuxo nome se pensaba que derivaba de Gihon, o nome bíblico dun dos catro ríos do xardín do Edén ou paraíso. O río tamén foi coñecido por este nome pola maior parte dos escritores islámicos medievais.

O río é navegábel ao longo de 1450 km, sendo a súa lonxitude total de 2 540 km, e a súa conca de 534 739 km².

Cada ano verte ao mar de Aral ao redor de 55 km3 de auga, que ven das montañas do sur, onde a precipitación anual rolda os 1 000 mme. Incluso antes de comezar a irrigación masiva, a gran evaporación durante o verán impide que gran parte da súa auga alcance o mar.

Historia Hai evidencias de que os glaciares do Pamir subministraban bastante auga ao río durante os séculos XIV e XIII a.C.

Os escritos históricos indican que en diversos períodos o río fluíu até o mar de Aral (polo sur), ao mar Caspio (polo leste) ou a ambos os dous. O último cambio de desembocadura documéntase no século XIII, cando se produce a conquista de Kunya-Urgench por parte dos mongois tras desviar o Amu Daria e propiciar así a inundación da cidade; antes o río discorría atravesando a conca do lago Sariqamish, formando rápidos e cataratas a través do leito actualmente seco do Uzboy, para desembocar nunha gran baía existente nese momento ao leste do Caspio.Kropotkin, P. (1898): The Old Beds of Amu Daria - JSTOR, pp. 306 e 310

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mar de Aral Tesouro do Oxus Bactriana Corasmia

Ligazóns externas The Course of the Oxus River .

Categoría:Ríos de Afganistán Categoría:Ríos de Tadjiikistán Categoría:Ríos de Turkmenistán Categoría:Ríos de Uzbekistán