miniatura|300px|Vista satelital da rexión

O deserto de Karakum, tamén chamado Karakum, Kara-Kum ou Gara Gum (en ; en ) está situado en Asia Central, ocupando a maior parte de Turkmenistán (un 70% da súa superficie, uns 350 000 km²).

O seu nome significa en lingua turcomá "area negra".

Xeografía miniatura|250px|Vista do deserto de Karakum miniatura|250px|Dromedarios no deserto

A súa extensión é duns 284 900 km², o que fai del o décimo deserto máis grande do mundo, e o máis importante de Turkmenistán e de toda a Asia Central.

O deserto esténdese desde a meseta Ustyurt ao norte, até o río Amu Daria ao leste, os montes Kopet-Dag ao sur, e o mar de Aral e case até o mar Caspio ao oeste.

Aínda que o mar de Aral Norte está a aumentar actualmente, o mar de Aral do Sur segue diminuíndo, ampliando así o tamaño do deserto.Aral Sea

Está formado en gran parte por grandes extensiós de arxila e dunas onduladas, e caracterízase pola formación de takyrs, que son grandes cuncas rodeadas de dunas.

En xeral o seu solo carece de vexetación, porén, as súas duras condicións climáticas permiten o crecemento de certas especies de arbustos esteparios do xénero Haloxylon, e algunhas variedades de plantas con flores desenvólvense en áreas limitadas da rexión, principalmente ao sueste.

No seu centro, preto da aldea de Darvaza, ábrese o chan do deserto formando unha depresión topográfica chamada "pozo de Darvaza", "porta do Inferno" ou "cráter de Darvaza".. É un cráter no que xorde gas natural, que leva ardendo desde 1971, e é unha das principais atraccións turísticas do deserto, con centos de visitantes que alí chegan cada ano.

A poboación no deserto é escasa, cunha media de 2,5 hab./km². As precipitacións tamén son moi escasas, oscilando entre os 70 e os 150 mm ao ano.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pozo de Darvaza

Ligazóns externas Fotos e datos do deserto de Karakum . TravelBlog Darvasa Craters: Entrance to Hell .

Categoría:Desertos de Asia Categoría:Turkmenistán