Haloxylon ammodendron é unha planta anxiosperma da orde das cariofilales, familia das amarantáceas, que é a especie tipo do xénero Haloxylon.

Características Alcanza un porte de entre o dun arbusto grande e dunha árbore pequena. A súa madeira é pesada e basta, e a súa codia é esponxosa e saturada de auga. As follas son tan pequenas que parece que carece delas, o que lle dá unha aparencia gris anódina. Porén, as pólas das árbores novs son verdes e flexíbeis. Produce pequenas flores amarelas.

Distribución Habita nos desertos áridos salobres da Asia Central, especialmente no Turkmenistán, ao leste do mar Caspio, estendéndose até o deserto de Gobi, e hai exemplares diseminados nos desertos de Irán.

A especie está catalogada como en perigo de extinción.

Durante o ano 2008 a presión sobre esta especie incrementouse ao ser utilizada a súa madeira como combustíbel durante a crise de enerxía na Asia Central.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Flora of China Editorial Committee (2003): Flora of China (Ulmaceae through Basellaceae). 5: 1–506. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.

Outros artigos Haloxylon

Categoría:Caryophyllales