Joaquín Alonso Granados, nado en Madrid cara a 1900 e finado en Guillarei (Tui) o 16 de agosto de 1936, foi un político español.
Traxectoria miniatura|250px|Monumento aos asasinados na Volta da Moura.
Oficial de Correos en Tui, despois foi oficial en Vigo. En 1930 foi trasladado ao Porriño, onde foi administrador de Correos.La Libertad, 7-6-1930, p. 9. En 1932 foi elixido presidente da Agrupación Socialista do Porriño. Representou a Agrupación Socialista na reunión constitutiva do Comité de Izquierdas da Fronte Popular o 27 de xaneiro de 1936, do que foi elixido secretario. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado na Volta da Moura o 16 de agosto de 1936 con José Fernández Miniño. Foi separado definitivamente do servizo e dado de baixa no Corpo de Correos en febreiro de 1937.El Pueblo Gallego, 7-2-1937, p. 9.
Vida persoal
Casou en Tui con Carmen Santolalla Iglesias en 1925,Galicia, 29-4-1925, p. 1. e foi pai de Fernanda, Joaquín e Manuel Alonso Santolalla. Carmen Santolalla exiliouse en Chile.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos de Galicia do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Madrid
Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en ano descoñecido