Bernardino González Álvarez, nado o 10 de outubro de 1894 e finado no Carballiño a principios dos anos setenta, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Mestre en Cameixa, en 1932 foi trasladado á Escola Graduada do Carballiño.El Pueblo Gallego, 26-2-1932, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da xestora do Carballiño en 1936. Volveu ser alcalde do carballiño de 1943 a 1949.Enseñanza Foi director da Escola Graduada do Carballiño e xubilouse como mestre en 1964.Faro de Vigo, 20-10-1964, p. 7. Colaborou en Ambiente e nos anos sesenta foi correspondente de Faro de Vigo no Carballiño.La Región, 6-10-1965, p. 14.
Recoñecementos
Foille concedida a medalla de ouro da Orde de Cisneros ao mérito político en 1949.La Noche, 2-3-1949, p. 2.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes do Carballiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido