Isabel Sola Gurpegui, nada en San Adrián (Navarra) en 1967, é unha científica española experta en coronavirus.
Traxectoria Graduouse en Bioloxía pola Universidade de Navarra, onde obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura. Posteriormente fixo un máster en Enxeñaría Biomédica. Realizou a súa tese doutoral sobre o coronavirus, na Universidade Autónoma de Madrid. A súa tese obtivo o Premio de Laboratorios Hipra á mellor tese doutoral en Sanidade Animal.
Traxectoria profesional É coinventora de tres patentes sobre o desenvolvemento de vectores infectivos derivados de coronavirus e as súas aplicacións, unha das cales foi premiada no I Concurso de Patentes Madrid+D. Desde 1998 é investigadora do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC-UAMC). Tamén é profesora dos cursos de doutoramento no programa de Bioloxía Molecular da Universidade Autónoma de Madrid.
É unha das persoas que máis sabe de coronavirus en España. É codirectora do grupo do coronavirus do Centro Nacional de Biotec, adscrito ao CSIC, único laboratorio de España que investiga cos coronavirus. O seu traballo céntrase en identificar, analizar e descubrir virus e investigar como facerlles fronte. A fin de saber que facer e como reaccionar cando aparece un virus mortal, ou potencialmente perigoso.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Coronavirus Ligazóns externas Las científicas del coronavirus. Isabel Sola
Categoría:Personalidades de Navarra Categoría:Científicos de España Categoría:Biólogos de España Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en San Adrián Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra