miniatura|Un satélite FLTSATCOM. FLTSATCOM (acrónimo de Fleet Satellite Communications System) é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos construídos por TRW para a Armada. Lanzáronse oito entre 1978 e 1989, todos desde Cabo Cañaveral, e dos cales dous fallaron. O sistema de satélites proporcionaba unha cobertura global na banda de UHF entre aeronaves, buques, submarinos, instalacións en terra e o Mando Aéreo Estratéxico. Os satélites poden dividirse en dous bloques: o primeiro, que abarca os cinco primeiros satélites, eran máis lixeiros e con menos capacidades que os do segundo bloque. Os satélites FLTSATCOM foron substituídos polos satélites UFO.
FLTSATCOM 1, 2, 3, 4 e 5 (Bloque 1) Os satélites do primeiro bloque tiñan unha masa duns 1880 kg e unha esperanza de vida de 12 anos en órbita. Usaban 12 transpondedores en UHF e se alimentaban mediante paneis solares. Tiñan unha antena principal duns 3 m de diámetro. Os cinco foron lanzados mediante foguetes Atlas SLV-3D, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.
FLTSATCOM 6, 7 e 8 (Bloque 2) Os satélites do segundo bloque tiñan unha maior masa, ata uns 2300 kg, unha esperanza de vida de 12 anos en órbita e tamén 12 transpondedores, así como a mesma antena de 3 metros de diámetro. Adicionalmente levaban unha antena helicoidal de case 4 m de longo. Os paneis solares lles proporcionaban ata 1200 W de potencia. A bordo levaban tamén equipamento para a banda EHF a modo de proba, para novos terminais en desenvolvemento. Os tres foron lanzados mediante foguetes Atlas G, co último inoperativo debido a un problema durante o lanzamento.
Historial de lanzamentos Voo Data Carga Resultado Notas19 de febreiro de 1978FLTSATCOM 1Éxito24 de maio de 1979FLTSATCOM 2Éxito318 de xaneiro de 1980FLTSATCOM 3Éxito431 de outubro de 1980FLTSATCOM 4Éxito56 de agosto de 1981FLTSATCOM 5FalloProblema coa cofia do foguete, deixando o satélite en órbita pero inservible.626 de marzo de 1987FLTSATCOM 6FalloDesvío do foguete do seu curso polo impacto dun raio.75 de decembro de 1986FLTSATCOM 7Éxito825 de setembro de 1989FLTSATCOM 8Éxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atlas SLV-3D Atlas G
Categoría:Satélites artificiais