Anna Lee Fisher, nada en Nova York o 24 de agosto de 1949, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-51-A. Foi a primeira nai en viaxar ao espazo. Está casada co tamén astronauta William Frederick Fisher.
Traxectoria Fisher graduouse en química e medicina pola Universidade de California nos Ánxeles en 1971 e 1976 respectivamente. É máster en química pola mesma universidade en 1987.
Foi seleccionada pola NASA como astronauta en xaneiro de 1978, participando na misión STS-51-A en 1984. Pasou un total de 7,99 días no espazo. Retirouse da NASA en 2017.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-A
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles