Konstantin Petrovich Feoktistov (Константин Петрович Феоктистов en ruso), nado en Voronezh o 27 de febreiro de 1926 e finado o 21 de novembro de 2009, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Voskhod 1.

Traxectoria Tras participar na segunda guerra mundial, Feoktistov graduouse na Escola Técnica Superior Bauman de Moscova en 1949. En 1964 participou na primeira misión tripulada con varios compoñentes a bordo, a Voskhod 1, na que pasou pouco máis dun día no espazo. Douturouse en física en 1967 e foi deseñador xefe de naves tripuladas baixo o mando de Korolev. Máis tarde exerceu de profesor ata a súa xubilación. Un cráter lunar leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Voskhod 1

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados no óblast de Voronezh