Christopher J. "Fergy" Ferguson, nado en Filadelfia o 1 de setembro de 1961, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-115, STS-135 e STS-126.

Traxectoria Ferguson graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade Drexel en 1984 e é máster en enxeñería aeronáutica Escola Naval de Posgraduados en 1991. Entrou en servizo na Mariña Estadounidense en 1986, servindo no portaaeronaves USS Forrestal ata que en 1995 entrou como instrutor na Escola Naval de Pilotos de Proba.

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en agosto de 1998, participando nas misións STS-115, STS-135 e STS-126 e pasando un total de 40,42 días no espazo. Retirouse da NASA en decembro de 2011.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-115 STS-135 STS-126

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania