O lago Qinghai ou Ch'inghai (chinés tradicional e simplificado: 青海胡; pinyin: Qīnghǎi hú; Wade-Giles: Ch'ing1-hai3 hu2), tamén coñecido como Tso Ngönpo (tibetano: མཚོ་སྔོན་པོ་) ou Köke nayur (escrita mongol: ; cirílico: хөх нуур), é o maior lago da China. Situado nunha conca endorreica na provincia de Qinghai, á que dá o seu nome, está clasificado como lago salgado alcalino. O lago flutuou bastante en tamaño, reducíndose moito no século XX, mais aumentando a partir de 2004. Ten unha superficie de 4317 km³, unha profundidade media de 21 m e unha profundidade máxima en 2008 de 25,5 m.

Xeografía O lago Qinghai sitúase a un cen quilómetros de Xining nunha bacía da chaira tibetana, a 3205 m sobre o nivel do mar.Buffetrille 1994, p. 2; Gruschke 2001, páx. 90ss. Ao lago chegan vinte e tres ríos e regatos, a maioría deles estacionarios. Cinco correntes permanentes proporcionan o 80% do fluxo total. A afluencia relativamente baixo e as taxas altas de evaporación volveron o Qinghai salino e alcalino; ten aproximadamente 14 partes por millar de sal e un pH de 9,3..

Na punta da península situada na parte occidental do lago están as illas dos Cormoráns e dos Ovos, coñecidas como illas dos Paxaros.

O lago Qinghai illouse do río Amarelo hai aproximadamente 150 000 anos. Incrementou a súa salinidade e basicidade dende principios do Holoceno.

Na mitoloxía chinesa Segundo a mitoloxía chinesa, o lago Qinghai foi creado para o rei dragón Ao Run, quen andaba na procura do inexistente mar do oeste. Conmovido polo seu pranto, o emperador de xade invocou unha poderosa tormenta que deu orixe ao lago.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Qinghai Lake Protection and Utilization Administration Bureau Qinghai Lake Tourism and Culture Network More Birds in Qinghai Lake (Eastday.com.cn 07/17/2001)

Categoría:Lagos da China