Manuel Remuñán Ferro, nado en Santiago de Compostela o 17 de novembro de 1921 e finado na mesma vila o 1 de febreiro de 2014, foi profesor Doutor de Dereito Público e Privado e de Relacións Internacionais na Universidade de Santiago de Compostela durante máis de 40 anos, até que se xubilou.

Traxectoria

Naceu na Casa da Concha, actual sede do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, na rúa da Conga. Foi xerente da empresa Fraga durante 25 anos, cargo que herdou do seu pai, profesor de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, que xestionaba o Teatro Principal e o Salón Teatro en Santiago. Adicouse, de xeito altruísta, a defensa do patrimonio histórico compostelán ao longo de máis de 50 anos polo que foi membro do comité español do ICOMOS, da Comisión de Defensa do Patrimonio Histórico Artístico de Santiago de Compostela e da Comisión Asesora da Cidade Histórica do Concello e asesor cultural da Xunta de Galicia na Comisión do Patrimonio Histórico da Cidade.

Tras as eleccións municipais de 1977 en Galicia foi elixido concelleiro en Santiago de Compostela pola lista de Unión de Centro Democrático, na que concorría como independente. Tivo un papel destacado nas medidas de rehabilitación para acadar que Santiago de Compostela fose declarada pola UNESCO coma Patrimonio da Humanidade, xunto con Xerardo Estévez, daquela alcalde de Santiago.

O 11 de decembro de 1983 ingresou como académico correspondente da Real Academia Galega.Relación dos actuais académicos correspondentes Boletín da Real Academia Galega 366. p. 404. 2004.

Recoñecementos Medalla Castelao da Xunta de Galicia no ano 1997.Decreto 131/1997, do 29 de maio, polo que se concede a Medalla Castelao no ano 1997 DOG 106, 4/6/1997. Medalla de Ouro da Cidade de Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Pino, Concha (31/1/2009) «La mejor hora para recorrer el casco viejo es por la noche» La Voz de Galicia . "Remuñán Ferro, Manuel, 1921-2014". Autores Galegos na BUSC

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medallas Castelao Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes