Maria Gabriela Llansol Nunes da Cunha Rodrigues Joaquim, nada en Lisboa o 24 de novembro de 1931 e finada en Sintra o 3 de marzo de 2008, máis coñecida, como Maria Gabriela Llansol, foi unha escritora e tradutora portuguesa.

Traxectoria De ascendencia española, o seu pai era xefe de contabilidade nunha fábrica de papel e a súa nai atendía a casa. En 1955 licenciouse en Dereito (que nunca exerceu) e en Ciencias Pedagóxicas pola Universidade de Lisboa. A súa primeira obra, Os Pregos na Erva (1962) inspirouse no trato que mantivo cos cativos da gardería na que tiña traballado.

En 1965 marchou a Bélxica co seu home, Augusto Joaquim, onde fundou unha escola.​ En 1984 volveu a Portugal e estableceuse en Sintra.

A súa obra, con máis de 26 libros, é de xénero difícil de clasificar, posiblemente a máis hermética e incomprensible da literatura portuguesa contemporánea. Ademais deixou unhas treinta mil páxinas manuscritas inéditas, que están sendo dixitalizadas polo Espaço Llansol, a entidade que custodia a súa obra e dereitos.

Os seus libros son máis ben unha serie de pequenos cadros, de meditacións con referencias a un certo misticismo, que se enmarca nun ambiente fantástico ou ucrónico.

Obras

1962 - Os Pregos na Erva 1973 - Depois de Os Pregos na Erva

Geografia de Rebeldes

1977 - O Livro das Comunidades 1983 - A Restante Vida 1984 - Na Casa de Julho e Agosto

O Litoral do Mundo

1984 - Causa Amante 1986 - Contos do Mal Errante. Con posfacio de Manuel Gusmão 1988 - Da Sebe ao Ser

Outras obras

1990 - Amar um Cão 1990 - O Raio sobre o Lápis 1990 - Um Beijo Dado mais tarde 1993 - Hölder, de Hölderlin 1994 - Lisboaleipzig I. O encontro inesperado do diverso 1994 - Lisboaleipzig II. O ensaio de música 1998 - A Terra Fora do Sítio 1998 - Carta ao Legente 1999 - Ardente Texto Joshua 2000 - Onde Vais, Drama-Poesia? 2000 - Cantileno. Con posfacio de Lucia Castello Branco 2001 - Parasceve. Puzzles e Ironias 2002 - O Senhor de Herbais. Breves ensaios literários sobre a reprodução estética do mundo, e suas tentações 2003 - O Começo de Um Livro é Precioso 2003 - O Jogo da Liberdade da Alma 2006 - Amigo e Amiga. Curso de silêncio de 2004 2007 - Os cantores de leitura

Diários

1985 - Um Falcão no Punho. Diário I 1987 - Finita. Diário II 1996 - Inquérito às Quatro Confidências. Diário III

Publicacións póstumas (Editadas polo Espaço Llansol)

2009 - Livro de Horas I: Uma data em cada mão 2010 - Livro de Horas II: Um arco singular 2013 - Livro de Horas III: Numerosas Linhas 2014 - Livro de Horas IV: A palavra imediata 2015 - Livro de Horas V: O azul imperfeito

Traducidas ao castelán

Libro de comunidades: Geografía de rebeldes I (2006). Visión. ISBN 978-84-9821-242-6. La vida restante (2008). Cultiva Comunicación. ISBN 978-84-92519-29-3. Geografía de rebeldes (2015). Ed. Cinca. ISBN 978-84-15305-73-6. Contén a triloxia formada por El Libro de las Comunidades, La vida restante e En la casa de julio y agosto. El litoral del mundo (2018). Chamán Ediciones. ISBN 978-84-946822-9-2. Composta por tres novelas: Causa amante, Cuentos del mal errante e De la cerca al ser. Fulgor (2019). Ámboa Editorial. ISBN 978-84-09-11666-9.

Traducidas ao francés

Les Errances du mal, [« Contos do mal errante », 1986], trad. d’Isabel Meyrelles, París, Éditions Métailié, coll. « Bibliothèque portugaise », 1991, 226 p. (ISBN 2-86424-109-9) Un faucon au poing, Journal I, [« Um Falcão no Punho », 1985], trad. d'Alice Raillard, París, Éditions Gallimard, coll. « Du monde entier », 1993, 180 p. (ISBN 2-07-073294-0) Le Jeu de la liberté de l’âme, [« O jogo da libertade da alma », 2003], trad. de Cristina Isabel de Melo, Tesserete, Suisse, Éditions Pagine d'Arte, coll. « Ciel vague », 2009, 104 p. (ISBN 978-88-86995-84-9) La Foudre sur le crayon, suivi de Hölder de Hölderlin et de Cantilène, [« O raio sobre o lapiz ; Hölder, de Hölderlin ; Cantileno »], trad. de Guida Marques, La Rochelle, Éditions les Arêtes, 2010, 50 p. (ISBN 978-2-915886-14-6) Finita, Journal II, [« Finita », 1987], trad. de Cristina Isabel de Melo, Tesserete, Suisse, Éditions Pagine d'Arte, coll. « Ciel vague », 2012 (ISBN 978-88-96529-27-0)

Traducións

1995 - Emily Dickinson, Bilhetinhos com Poemas (co pseudónimo de Ana Fontes) 1995 - Paul Verlaine, Sageza. 1996 - Rainer Maria Rilke, Frutos e Apontamentos. 1998 - Rimbaud, O Rapaz Raro. 1999 - Teresa de Lisieux, O Alto Voo da Cotovia. 2001 - Apollinaire, Mais Novembro do que Setembro. 2002 - Paul Éluard, Últimos Poemas de Amor. 2003 - Charles Baudelaire, As Flores do Mal.

Premios

Prémio Dom Dinis da Fundação Casa de Mateus do ano de 1985, por Um Falcão no Punho Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB da Associação Portuguesa de Escritores do ano de 1990, por Um Beijo Dado Mais Tarde Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB da Associação Portuguesa de Escritores do ano de 2006 - (xullo de 2007), por Amigo e Amiga Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Llansol, Maria Gabriela (2011). Entrevistas, ed. Autência. Ribeiro, Raquel (2009). Europe, edenic space - a literary cartography in the works of Maria Gabriela Llansol., Tese de doutoramento, University of Liverpool.

Ligazóns externas

Blog do Espaço Llansol Blog Fio de água do texto

Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Finados en 2008 Categoría:Nados en 1931