O Gran Lago do Oso (en , en slave Sahtú, en ) é un lago do bosque boreal canadense. É o cuarto lago máis grande de Norteamérica e o oitavo do mundo. O lago está nos Territorios do Noroeste, sobre o círculo polar ártico entre os paralelos 65 e 67 latitude norte e os meridianos 118 e 123 lonxitude oeste. citado en Great Bear Lake (World Lakes Database)
O nome orixinouse da palabra chipewyan satudene, que significa "pobo da auga do oso grizzly". O pobo sahtu dene recibe o nome do lago, e o nome da Grizzly Bear Mountain na beira do lago tamén é chipewyan, e significa "outeiro do grande oso".Johnson, L. The Great Bear Lake: Its Place in History . Calgary, Alberta: Arctic Institute of North America (AINA) database at the University of Calgary. pp. 236-237. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
A península Sahoyue (Grizzly Bear Mountain) no sur do lago e a península Edacho (Scented Grass Hills) no oeste forman o Lugar Histórico Nacional Canadense de Saoyú-ʔehdacho.
Xeografía O lago ten unha superficie de 31 153 km² e un volume de 2236 km³. O Gran Lago do Oso está cuberto de xeo dende finais de novembro a xullo.
O lago é coñecido pola súa considerable claridade. O explorador John Franklin escribiu en 1828 que un pano branco situado na auga non desaparecía ata unha profundidade de quince brazas.>
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas 1867 account of the lake by William Carpenter Bompas
Oso