miniatura|Desde a antigüidade até os nosos días, o home buscou o modo de optimizar o uso do vento para as súas naves mediante a mellora dos aparellos.
En náutica, denomínase aparello ao conxunto de mastros ou paus, vergas, enxarcias e velas que lle permiten a unha embarcación poñerse en movemento aproveitando o movemento do aire que a impulsa (vento). A forza do vento transmítese directamente sobre as velas. Estas transmítena, aos paus e ás enxarcias, segundo como as estean dispostas. O conxunto transmite o pulo ao casco do barco.
Compoñentes dun aparello Mastros miniatura|312x312px|Esquema básico dun mastro e as súas enxarcias. miniatura|150px|Un drakkar, embarcación típica viquinga, de aparello sinxelo. miniatura|150px|El navío español "Santísima Trinidad" (1769-1805), o barco de guerra fabricado en madeira máis grande da Historia.
Os mastros son grandes paus, rectos e verticais, cravados perpendicularmente na cuberta e o corpo do barco, e que soportan o peso da maior parte do aparello. Como é natural, as naves de maior tamaño tenden a posuír un maior número de mastros. Están suxeitos mediante enxarcias mortas aos laterais do barco, o que aumenta a súa estabilidade e a súa capacidade para soportar esforzos laterais.
Cando se construíron mastros adicionais, foron recibindo os seguintes nomes: Pau trinquete,<ref>trinquete, 1ª acep. no Dicionario da RAG.</ref> o mastro máis próximo á proa (adiantado) que o mastro principal ou pau maior. Pau de mesana,mesana no Dicionario da RAG. o pau situado detrás (máis cerca da popa) que o mastro principal ou pau maior. Pau de contramesana,contramesana no Dicionario da RAG. ou boaventura: nos barcos con catro mastros verticais era o nome que recibía o segundo mastro (ademais do de mesana) situado detrás do pau maior. Pau bauprés,bauprés no Dicionario da RAG. único mastro non vertical. Sobresae da proa (formando entre 15 e 45º aproximadamente coa horizontal) e nel se enganchan as velas chamadas foques, triangulares. No século XVIII o bauprés alcanzou tamaños case tan grandes como o pau de trinquete.
Vergas As vergas son paus colocados transversalmente nos mastros,verga, 5ª acep. no Dicionario da RAG. a unha determinada altura da cuberta do barco. A súa misión é servir de soporte ás velas cadradas, suxeitándoas polo seu lado superior ou inferior. Cando se recollen as velas, enrólanse sobre as vergas, o cal permite unha despregadura rápida.
As vergas e os mastros conforman a arboradura da embarcación.arboradura no Dicionario da RAG.
Velas
As velas son corpos planos e flexíbeis de lona que reciben directamente a acción do vento. Transmiten o pulo do vento ás vergas que, á súa vez, o transmiten ao mastro.
As velas adoptaron diversas formas en función das necesidades e das técnicas náuticas de cada época. Segundo o tipo de velas utilizadas, o aparello pode recibir os seguintes nomes: Aparello redondo: formado por velas de formas cadradas (poden ser chamadas redondas a pesar da súa forma) ou trapezoidais. As da primeira das formas son ideais para recibir o vento desde a popa, pola súa maior superficie. Teñen o inconveniente de non poder cinguir o vento, é dicir, navegar formando un ángulo menor de 90º con respecto á dirección do vento. Aparello latino: formado por velas de formas triangulares. Xurdiu posteriormente. As velas latinas permiten cinguir o vento, conseguindo a navegación en contra da dirección deste.
A partir de certo tamaño e complexidade, os barcos montaban uns aparellos en combinación dos dous anteriores.
Enxarcias As enxarcias son os cabos e cordas do barco,enxarcia no Dicionario da RAG que suxeitan e/ou estabilizan o resto dos compoñentes do aparello. Existen dous tipos de enxarcias: a enxarcia firme, ou morta, que permanece fixa e tensada a ambos os lados dos mastros para suxeitalos e subministrarlles maior estabilidade lateral, e a enxarcia móbil, ou de labor, formada polos cabos que poden atarse e desatarse durante unha manobra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Fernández Fontecha, Francisco (1998): Construcción aparejo y maniobras. Reprodución de "Cartilla marítima o manual de construcción y maniobras de los buques de vela", obra do ano 1876. Barcelona: Llagut. ISBN 978-84-9323-857-5. Lees, James (1984): The Masting and Rigging of English Ships of War, 1625-1860. Annapolis, MA.: Naval Institute Press. ISBN 978-0-8702-1948-1. Tyle, Frank (2000): Historia de la navegación a vela''. Barcelona: Ultramar. ISBN 978-84-4590-591-3.
Outros artigos Embarcación a vela Botavara Bauprés Mastro Fragata (buque)
Categoría:Barcos de vela Categoría:Navegación