Levando áncoras (en ) é un filme musical estadounidense de 1945 dirixido por George Sidney, protagonizado por Frank Sinatra, Kathryn Grayson e Gene Kelly e con cancións de Jule Styne e Sammy Cahn. No filme, dous mariños cun permiso de catro días en Hollywood coñecen a un neno e a súa tía, unha moza aspirante a cantante á que os mariños intentan axudar a que consiga unha audición na Metro-Goldwyn-Mayer. Ademais dunha secuencia en que Kelly baila co rato Jerry, de Tom e Jerry, no filme aparecen José Iturbi, Pamela Britton, Dean Stockwell e Sharon McManus.

Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 11 de xullo de 1990.Programación de televisión

Argumento Dous mariños son condecorados polas súas accións de guerra na armada estadounidense. Joe (Kelly) salvou a vida de Clarence (Sinatra), polo que se sente en débeda por el, de xeito que Clarence, máis tímido e apoucado, consegue que Joe lle ensine a lograr unha moza da que se namora, a tía Susie (Grayson).

Personaxes Frank Sinatra – Clarence “Brooklyn” Doolittle Kathryn Grayson – Susan Abbott Gene Kelly – Joseph “Joe” Brady José Iturbi – El mesmo Dean Stockwell – Donald Martin Pamela Britton – Girl from Brooklyn "Rags" Ragland - Police Sergeant Billy Gilbert – Café Manager Henry O'Neill - Admiral Hammond Carlos Ramirez - Carlos Grady Sutton – Bertram Kraler Leon Ames – Admiral's Aide Sara Berner (sen acreditar) - Jerry Mouse, o rei solitario

Produción O filme foi escrito por Natalie Marcin e Isobel Lennart e dirixido por George Sidney. Foi o primeiro de tres filmes de compañeiros con Kelly e Sinatra, ao que seguiron Take Me Out To The Ball Game e On the Town, ambos de 1949. A produción tentou mesturar algúns dos elementos de máis éxito de filmes musicais anteriores da MGM, como Meet Me in St. Louis (1944).

O filme é lembrado polo número musical en que Gene Kelly baila sen interrupción co rato Jerry, ao que pon voz Sara Berner. O gato Tom aparece brevemente como un mordomo na secuencia supervisada por William Hanna e Joseph Barbera. A animación foi realizada totalmente por Kenneth Muse, Ray Patterson e Ed Barge. Orixinariamente, os produtores querían empregar a Mickey Mouse para a escena. Algunhas fontes indican que inicialmente Walt Disney aceptou prestar a Mickey, mais que Roy Disney rexeitou o acordo. Segundo o libro Bob Thomas sobre Roy Disney, o estudio tiña débedas despois da segunda guerra mundial e estaban centrados en estrear os seus propios filmes nese momento. Segundo Roy, non era un negocio realizar animacións para outras persoas.Bob Thomas. "Building a Company: Roy O. Disney and the Creation of an Entertainment Empire." Finalmente, Disney emprestou o seu mago dos efectos Joshua Meador arranxar o filme da MGM de 1956 Forbidden Planet.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1945 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes de 1945 con versión en galego