O Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato –IPZS– (en galego: "Instituto Poligráfico e Ceca do Estado") é a compañía pública italiana, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, encargada da cuñaxe da moeda de curso legal nese país. Ten a súa sede en Roma, no número 691 da Via Salaria."Istituto poligrafico e Zecca dello Stato". En Enciclopedia Treccani.
O IPZS produce ademais pasaportes e selos de correos tanto para a República Italiana como para os microestados da Cidade do Vaticano, San Marino e a Orde de Malta. Na súa sede de Roma está tamén a súa editora Libreria dello Stato, así como a Officina Carte Valori, onde se imprimen os selos postais, e a súa produtora multimedia."Libreria dello Stato". Sitio web de IPZS. Conta tamén con outras plantas situadas en Verrès, no Val de Aosta, e en Foggia, Puglia. Os billetes son producidos polo Banco de Italia."Mission". Sitio web de IPZS."Stabilimenti". Sitio web de IPZS.
Historia As orixes da Casa de Moeda do Estado (Zecca dello Stato) remóntanse a 1871, cando o Reino de Italia trasladou a súa capital a Roma. O novo estado creado logo do Risorgimento utilizou inicialmente para a produción da súa moeda a ceca dos extintos Estados Pontificios, ata que creou a Regia Zecca ("Ceca Real"), sita no distrito de Esquilino e inaugurada por Vítor Manuel III o 27 de decembro de 1911.Currà, E. (2928). "La Regia Zecca, costruzione e architettura di una fabbrica palazzo per Roma Capitale". En Villani, R. M. La Scuola Dell'Arte della Medaglia, una Storia Attuale. Roma. IPZS - Libreria dello Stato. ISBN 9788824027762"Roma, la «prima» Zecca dello Stato diventa un hub culturale". Corriere de la Sera. 18 de xuño de 2019."Zecca dello Stato". Sitio web de IPZS. Na súa sede establecéronse tamén naquel momento o Museo Numismático e a Escola de Arte da Medalla, fundada en 1907 polo propio rei; esta última permanece aínda no mesmo lugar, e nela fórmanse os artistas que logo traballarán na produción de moedas e medallas."Una scuola-laboratorio unica al mondo. Scuola dell’Arte della Medaglia di IPZS ". Scuole Mestiari d'Arte."Scuola dell'Arte della Medaglia". Sitio web da Escola.
Pola súa banda, o Istituto Poligrafico naceu en 1928, e non foi ata 1978 cando, baixo a presidencia de Rosario Lanza, cando a Zecca dello Stato se converteu en parte do Istituto para dar lugar á institución actual: Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato."La "fabbrica delle lire" simbolo dell'Italia unita". Il Giornale. 25 de novembro de 2015.
En 1982, a ceca italiana converteuse na primeira casa de moeda do mundo en fabricar moedas bimetálicas, con valor de 500 liras, mediante un procedemento de cuxa patente é posuidora."Italy. 500 lire. 1982-2001 ". Coin Brothers.Hengeveld, D. (2012). "Exploring Bimetallic Coins ". En Coin Update. 20 de xullo.
Ademais das moedas italianas da Eurozona, o IPZS cuña tamén os euros e os céntimos do Vaticano, de San Marino e, desde 2018, tamén os de Eslovenia."Emisión de 2018 " e "emisión de 2019 ". Banka Slovenije.
Produtos e servizos miniatura|Pavillón do IPZS na Feira do Libro de Turín de 2006.
Á parte da cuñaxe de moeda e da producuión de selos postais, o IPZS é o responsable da impresión de publicacións oficiais como a Gazzetta Ufficiale e tamén da elaboración de diversas marcas e selos de carácter oficial."Gazzetta Uficiale". Sitio web de IPZS.
Ademais, encárgase do deseño de sistemas de seguridade en de loita contra a falsificación."Sicurezza Anticontraffazione". Sitio web de IPZS. Estes sistemas intégraos nos documentos de identidade nos pasaportes, nos permisos de conducir e nos permisos de residencia que tamén produce."Documenti di riconoscimento ". Sitio web de IPZS. As placas de matrícula para automóbiles, que se elaboran na planta de Foggia, son outros dos seus produtos."Targhe Veicoli". Sitio web de IPZS. Por outra parte, o IPZS ofrece o servizo de administración de sitios web institucionais e de xestión de bases de datos."Portali". Sitio web de IPZS.
A partir de 2001, o Centro Nacional de Análise de Moedas estableceuse nas instalacións do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, como entidade encargada da análise das moedas falsas que os cidadáns de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano etán obrigados a entregarlle. Este centro forma parte do Grupo Europeo de Expertos en Falsificación da Oficina Europea de Loita contra a Fraude."C.N.A.C. (Coin National Analysis Center)". Sitio web de IPZS.
Galería de produtos do IPZS
Museo da Ceca de Roma
miniatura|Sede do Museo da Ceca de Roma, nas instalacións do IPZS
As orixes do museo están na adquisición de varias coleccións polo Vaticano a finais do século XVIII, que logo se converteron en gabinete numismático, do que se fixo cargo o Ministerio de Facenda italiano en 1870. En 1911 instalouse no edificio da Ceca Real e posteriormente pasou para a sede do Ministerio de Facenda."Storia della collezione". IPZS. Museo della Zecca.
En outubro de 2016 inaugurouse unha nova etapa do Museo da Ceca de Roma (Museo della Zecca di Roma) nas instalacións do Instituto Poligráfico e Ceca do Estado, do que depende, na Via Salaria de Roma."Museo della Zecca, apre la fabbrica dei tesori italiani". Ansa.it. 27 de outubro de 2016.
A colección do museo componse de arredor de 20.000 pezas, entre moedas, medallas, artefactos de cuñaxe e moedelos en cera, tanto italianos como doutros países."Il museo". Museo della Zecca di Roma."Collezione online". Museo della Zecca di Roma.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa de moeda Cuñaxe Instituto Italiano de Numismática Sociedade Numismática Italiana
Ligazóns externas Sitio web do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato Sitio web do Museo da Ceca de Roma Sitio web da Escola de Arte da Medalla
Categoría:Casas de moeda Categoría:Moedas de Italia Categoría:Empresas de Italia Categoría:Editoriais de Italia Categoría:Historia de Italia Categoría:Roma