miniatura|Canas de pescar

Denomínase cana de pescar ou, simplemente, cana, a un aparello,aparello, 3ª acep. no Dicionario da RAG"cana" en Aparellos de pesca. consistituído basicamente dunha cana longa e flexíbel, que empregan os pescadores para capturaren peixes.cana, 5ª acep. no Dicionario da RAG. A lonxitude da vara pode variar entre os 0,5 e os 6 m. Para atraeren os peixes, insírense engados en un ou en varios anzois unidos á liña. A liña almacénase xeralmente nun carrete,carrete no Dicionario da RAG. que reduce os enredos e axuda á recollida do peixe.

Orixinariamente o seu corpo era de compoñentes naturais, principalmente a cana, de onde vén a súa denominación como cana. Pero tamén existen doutros materiais, como madeira de cereixeira, bamú ou outros. Na actualidade, e debido á existencia de novos produtos máis lixeros e de idéntico comportamento, maiormente fabrícanse con compoñentes sintéticos.

Historia miniatura|50px|Unha cana e carrete de fibra de vidro(circa 1997). A xulgar por inscricións en pedra que se remontan ao ano 2000 a.C., as canas de pescar remóntanse ao antigo Exipto, China, Grecia, Trinidad e Tobago, e tamén se usaron na Roma antiga e na Europa medieval.Andrew N. Herd (21 de xuño de 2014): "Fly fishing techniques in the fifteenth century" . Consutado o 26 de marzo de 2020,

Compoñentes A cana Materiais: O bambú: foi o material utilizado durante séculos para a fabricación de canas. Debido ás súas grandes prestacións e versatilidade, a cana de bambú refundido segue sendo moi apreciada na pesca deportiva. A fibra de vidro: foi o material co que se fixeron as primeiras canas de pescar modernas. A fibra de vidro é un material forte e flexíbel que aínda hoxe é utilizado na fabricación de canas para algunhas modalidades de pesca. O grafito: grazas á súa lixeireza e gran resistencia gañou moito terreo, aínda que nos seus principios os pescadores foron reticentes ao uso deste material pola súa gran condutividade eléctrica, xa que é un gran atraente dos raios e, debido á fabricación das liñas con materiais condutores como o fluorocarbono (fibra de carbono), o risco de entrar en contacto con liñas de condución eléctrica pode xerar accidentes por descargas.

Os aneis miniatura|250px|Home utilizando unha cana de pescar na ría de Vigo.

Os aneis foron produto da evolución, e pasaron de ser meros elementos de suxeición a ser partes fundamentais das canas modernas. Algúns son meros aneis metálicos, que actualmente se recobren dun aro cerámico no seu interior para evitar no posíbel o roce coa liña, con que se elimina a abrasión desta durante o lance de reclamos e/ou carnadas.

O obxectivo fundamental dos aneis é distribuír a presión da liña ao longo do corpo da cana cando un peixe pon a cana tensa desde o outro extremo no momento da súa pesca. Por iso unha cana con máis aneis ao longo de seu corpo será máis resistente á tensión exercida pola liña que unha que teña menos.

As canas máis fortes, ademais de teren o corpo máis ancho, teñen aneis de rodetes que funcionan co principio das poleas que —sen selo— distribúen eficientemente a presión que poden exercer peixes tan grandes como un atún.

Actualmente estanse a desenvolver canas de nova xeración feitas con materiais de vangarda altamente resistentes; estas non contan con aneis e son ocas; a liña pasa polo seu interior distribuíndo uniformemente a presión ao longo de cada centímetro do mesmo corpo sen recorrer aos puntos de apoio que xeran os aneis.

O mango O mango das canas de pescar é un elemento fabricado en diferentes materiais, como a cortiza ou a escuma de neopreno comprimida para xerar comodidade ao pescador durante as longas xornadas de pesca. Ademais é onde se monta o carrete mediante aros de suxeición con rosca para fixalo firmemente á cana.

O mango pode ser de distintos tamaños e formas que dependen do tipo de pesca para a que está destinada cada cana. Por exemplo, os mangos de canas para a modalidade de pesca en "stand up" son lixeiramente máis longos, e os das canas para pescar no medio do mar son moldeados en ángulo para seren montados na borda das embarcacións.

Especificacións A gran maioría das canas de pescar teñeen impresas na súa base diferentes especificacións que aclaran varios aspectos de cada cana en particular.

A acción A acción refírese ao tipo de flexibilidade que presenta a cana, habéndoas de acción rápida —pouca flexibilidade—, media —mediana flexibilidade—, o lenta —moita flexibilidade—.

A resistencia da liña Cada cana está deseñada para ser usada con liñas en rangos de determinada resistencia que, segundo a IGFA (International Game Fish Association), poden ir desde as ultralixeras de 2 libras avoirdupois,Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos. até as extra heavy de 130 libras (UL, L, M, MH, H, EH).

A masa dos engados As canas teñen certo límite de resistencia e flexibilidade que se específica claramente coa masa das carnadas e/ou reclamos que se poden lanzar con cada unha; esta masa vén indicada en rangos xeralmente calculados en onzas (exemplos: 1/64-1/2 oz., 1/2-3 oz.).Unha onza equivale a 0,0625 libras avoirdupois.

Tipos de canas miniatura|180px|Cana de pescar telescópica. Lago Baikal. Siberia oriental.

Existen varios tipos de canas de pescar, que se especifican para o estilo ou modalidade de pesca que se vai realizar, aínda que os compoñentes e especificacións son de índole xeral. Os tipos de canas máis populares son:

Cana para carrete aberto: con spool de liña paralela á cana que se coloca por debaixo. Cana de casting: para carrete aberto con spool de liña perpendicular á cana que se coloca por encima. Cana de spincast: para carrete pechado. Cana de spinning: para carrete de freo dianteiro. Cana de mosca: para carrete de liñaas flotadoras, neutras ou mergullábeis con anzois de tipo imitación "mosca". Canas tipo pértigas: canas de longas dimensións para pesca na beira ao estilo europeo. Canas de surfcasting: canas de grandes dimensións xerais para pesca desde a beira do mar. Canas de pesca en mar aberto (trolling).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Adela Leiro, Mon Daporta e Manuel Núñez Pérez (2007): Os ríos de Galiza. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-136-0. Xaquín Lorenzo Fernández (1982): O mar e os ríos. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-421-6.

Outros artigos Anzol Aparello (pesca) Arte de pesca Pesca deportiva Surf-casting

Ligazóns externas Fishing. Recreation na Encyclopaedia Britannica.

Categoría:Pesca