Olive Wetzel Dennis, nada en Thurlow (Pensilvania) o 20 de novembro de 1885 e finada en Baltimore o 5 de novembro de 1957, foi unha enxeñeira que coas súas innovacións no deseño vai mudar a natureza das viaxes por ferrocarril.
Traxectoria Recibiu a súa licenciatura no Goucher College en 1908 e un máster en matemáticas pola Universidade de Columbia ao ano seguinte. Despois de ensinar en Wisconsin, decidiu estudar enxeñaría civil na Universidade Cornell, obtendo o seu título en só un ano, en 1920. Este ano foi contratada polo B&O (Baltimore e Ohio Railroad) para deseñar pontes, a primeira das cales foi en Painesville, Ohio. Ao ano seguinte, Daniel Willard, presidente do ferrocarril, observou que dado que a metade dos pasaxeiros do ferrocarril eran mulleres, a tarefa de mellorar o servizo sería máis apropiada para unha muller. Dennis converteuse na primeira persoa "enxeñeira de servizos" cando o B&O creou o posto. O historiador de enxeñaría Kurt H. Debus, describiuna como a primeira enxeñeira de servizos, masculina ou feminina, en América. Máis tarde na súa carreira, B&O encargou a Dennis que deseñase un tren enteiro que incorporase todas as súas novas características. O tren, o Cincinnatian, foi considerado "a gloria da súa carreira", segundo a historiadora Sharon Harwood. Tamén foi a primeira muller membro da American Railway Engineering Association. Foi elixida para a British Women Engineering Society en 1931.
Innovacións Entre as novidades que a señora Dennis introduciu nos trens de pasaxeiros estaban: asentos que podían inclinarse parcialmente; tapicería resistente ás manchas; vestiarios máis grandes para mulleres, con toallas de papel gratuítas, xabón líquido e cuncas de bebida; luces do teito que podían escurecer durante a noite; aberturas individuais (que patentou) para permitir aos pasaxeiros ter aire fresco; e posteriormente, compartimentos climatizados. Outros transportistas ferroviarios seguiron estas innovacións nos anos seguintes, e os autobuses e compañías aéreas á súa vez tiveron que mellorar o seu nivel de confort para poder competir cos ferrocarrís.
O seu legado por estas innovacións e comodidades é en gran parte descoñecido fóra da comunidade ferroviaria. As súas patentes de deseño foron asignadas ao ferrocarril e o seu nome non aparece no material publicitario do Cincinnatian, a pesar de deseñalo.
O punto de vista da muller "Non importa o éxito que poida ter unha empresa", dixo, "pode ter aínda máis éxito se considera o punto de vista da muller". Aínda que os cambios non foron suficientes para salvar a industria de pasaxeiros ferroviarios nos Estados Unidos, a perspectiva única da señora Dennis como viaxeira feminina, con formación en enxeñería técnica, influíu na industria das viaxes en todo o país.
Notas
Categoría:Enxeñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Enxeñeiros Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1957