Natalia Carou Figueira, nada en Bealo (Boiro) o 14 de outubro 1974, é unha escritora galega.

Traxectoria

Cursou estudos de Graduado Social na Universidade da Coruña exercendo como asesora empresarial fiscal. O alento nas costas, ao igual que A cova da Moura, conta duras historias de adolescentes que se combinan con lendas da Galicia medieval, alternando liñas temporais. O mal querer relata o caso dun rapaz maltratado que comete un delito e debe ingresar nun centro de menores.

Obra Mariposas tristes (2017). Harlequin, de HarperCollins Ibérica. Versión Kindle. (Castelán)

O alento nas costas (2012). Baía, Colección Meiga Moira. Ilustracións de Carlos Silvar. 334 páxs. ISBN 978-84-9995-079-2. Xuvenil. A cova da Moura (2017). Baía, Colección Meiga Moira. Ilustracións de Gimeno. 280 páxs. ISBN 978-84-9995-215-4. Xuvenil. O mal querer (2020). Baía. Colección Baía Narrativa. 244 páxs. ISBN 9788499953366.

Premios 2019: Premio de novela Vilar Ponte por O mal querer. 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por O mal querer.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes