Federico Ávila Cuadra, nado en Viana do Bolo o 2 de novembro de 1892 e finado no mesmo concello en 1970, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Mestre en Chao de Castro, foi trasladado a Fisterra en 1922. Foi cofundador da Banda Municipal de Fisterra en 1924. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Fisterra en 1925. Afeccionado á fotografía, publicou algunhas das súas imaxes en Vida Gallega. Dende 1927 foi mestre en Petín. Fundou o Orfeón e Rondalla Ecos de Sil de Petín en 1928 e creou e dirixiu a banda La Alborada de Viana do Bolo en 1932.Vida Gallega, 30-9-1934, p. 15. Vida persoal Casou en 1917 con Matilde Bustillo de Puga, irmá de Silverio Bustillo de Puga, e foi pai de Antonio Ávila Bustillo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Federico Ávila y Cuadra Los alcaldes de Fisterra

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Fotógrafos de Galicia

Categoría:Alcaldes de Fisterra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1970