Henrique III de Francia, nado en Fontainebleau o 19 de setembro de 1551 e finado en Saint-Cloud o 2 de agosto de 1589, foi duque de Angulema (1551-1574) duque de Anjou (1566 - 1576), duque de Orleáns (1560 - 1574), rei de Polonia (1573 -1574) e rei de Francia (1574-1589), o último da dinastía Valois. Traxectoria Orixes familiares Naceu no palacio real de Saint Germain-en-Laye, fillo do rei Henrique II de Francia e da súa muller Catarina de Medici. Era neto por liña paterna do rei Francisco I de Francia e da princesa Claudia de Francia, e por liña materna do duque Lourenzo II de Medici e da condesa Magdalena de La Tour. Era irmán dos tamén reis Francisco II de Francia e Carlos IX de Francia, os últimos reis da rama Valois-Angulema, da dinastía Valois.

Mocidade Bautizárono co nome de Alexandre Eduardo de Valois. En 1560, cando faleceu o seu irmán Francisco II de Francia, o outro irmán Carlos foi nomeado rei e converteuse en duque de Angulema e duque de Orleáns. O 17 de marzo de 1564, logo da súa confirmación, adoptou o nome de Henrique. En 1566 converteuse en duque de Anjou.

Á idade de 16 anos, a súa nai nomeouno tenente xeneral do reino. Participou activamente nas vitorias católicas de Jarnac e Moncontour sobre os hugonotes durante as guerras de relixión francesas.

Rei de Polonia miniatura|left|Elección de Henrique de Valois, duque de Anjou, como rei de Polonia en 1573. Retrato de Jan Matejko. O 11 de maio de 1573 Henrique de Valois é elixido rei de Polonia. Reinará nominalmente desde o 24 de xaneiro, día en que chegou ao país, ata o 18 de xuño de 1574.

Nesta época (1572 - 1575) tivo como amante á cortesá Renata de Rieux, un asunto que lle duraría ata que casou co duque de Anjou.

Henrique de Valois foi elixido rei de Polonia-Lituania nunha época en que este reino pasou unha crise sucesoria á morte de Augusto II de Polonia sen sucesión. Así, entre 1572 e 1791, elixíronse reis individuais á fronte das dinastías reinantes.

Rei de Francia O 30 de maio de 1574, tras a morte do seu irmán Carlos IX, abandonou Polonia e renunciou á súa coroa para obter o trono de Francia. É coroado como rei en Reims o 13 de febreiro de 1575 co nome de Henrique III.

Matrimonio e descendentes Casou o 15 de febreiro de 1575 coa duquesa Luísa de Lorena, filla do duque Nicolao de Mercoer e de Margarida de Egmont. Desta unión non tivo fillos.

Reinado miniatura|left|Henrique de Valois, duque de Anjou. Retrato de François Clouet (1570). O seu reinado caracterízase polas continuas guerras de relixión en Francia, de envergadura política e económica.

En 1560 asinou o edicto de Beaulieu, polo cal facía concesións aos hugonotes. Isto levou a que Henrique I de Guisa, partidario do rei católico, extremase a súa ideoloxía relixiosa e formase a Liga Católica para defender os intereses católicos. Este sindicato logrou rescindir boa parte das concesións permitidas no anterior edicto.

En 1584 a morte do irmán máis novo do rei, Francisco de Francia, duque de Anjou, fixo que o herdeiro da coroa pasase a ser, en ausencia dun fillo de Henrique III, o rei Henrique III de Navarra. Este era descendente de Lois IX de Francia e cuñado de Henrique III polo seu matrimonio con Margarida de Valois. Segundo a Lei sálica en Francia, non podería reinar. Pero Henrique de Navarra era protestante e baixo a presión do duque de Guisa, Henrique III anulou o dereito de Henrique de Navarra ao trono francés.

O duque de Guisa chegou a conseguir moito poder polo que Henrique III de Francia ordenou a súa morte o 23 de decembro de 1588, cando este conspiraba contra o rei.

O 1 de agosto de 1589 Henrique III de Francia foi asasinado polo dominico Jacques Clement, membro da Liga, rematando coa dinastía Valois. O seu primo e cuñado Henrique de Navarra reinará co nome de Henrique IV de Francia, quen foi o primeiro rei da nova dinastía borbónica. Véxase tamén Noutros proxectos de Wikimedia : centro|23x23px| Commons Commons (Galería) centro|23x23px| Commons Commons (Categoría)

Categoría:Casa de Valois Categoría:Cabaleiros da Orde da Xarreteira Categoría:Duques de Anjou Categoría:Reis de Polonia Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados no departamento de Sena e Marne Categoría:Duques de Angulema Categoría:Duques de Orleáns Categoría:Nados en 1551 Categoría:Finados en 1589