A pandemia por coronavirus de 2020 en Angola é unha expansión do gromo de COVID-19 que se iniciou en Wuhan, China, en 2019.
Os dous primeiros casos en Angola confirmáronse o 21 de marzo de 2020. A data do 30 de maio confirmáronse 84 contaxios e catro mortes.
Cronoloxía O 20 de marzo de 2020 pecháronse todas as fronteiras angolanas por un período de 15 días. O 21 de marzo, o Ministerio de Sanidade confirmou os dous primeiros casos positivos de COVID-19. Ambos acababan de viaxar dende Portugal. O 24 de marzo suspendéronse todas as clases no país. O 29 de marzo informouse das dúas primeiras mortes por coronavirus no país. O 30 de marzo confirmouse a primeira recuperación dun paciente.
O 10 de abril chegaron a Luanda 264 médicos cubanos para axudar na crise do coronavirus, tras unha petición do goberno angolano ante a falta de persoal médico.
Notas
Categoría:Pandemia por coronavirus de 2020 en Angola