A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (ANEGA) foi un sindicato estudantil galego de carácter asembleario, que tiña como obxectivo traballar en defensa dun ensino nacional, popular, científico, democrático e feminista. Pretendía ser unha ferramenta "ampla, aberta, plural e participativa que aposta por un ensino público e galego de calidade". miniatura|III Asemblea Nacional de ANEGA

Historia Fundouse o 30 de abril de 2016, como cumio dun proceso aberto a todo o estudantado galego denominado Asembleas de Base. A súa asemblea constituínte foi celebrada na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o lema “Ensino galego para as maiorías sociais”. Desde a súa creación, ANEGA participou de movementos de carácter aberto como a folga estudantil galega do 9 de marzo de 2017 ou a do 19 de abril de 2018, así como en diferentes asembleas abertas en centros de ensino de todo o territorio galego.

O 4 de maio de 2016 ANEGA entrou por primeira vez no Claustro Universitario da Universidade de Santiago de Compostela, integrada na Candidatura Unitaria Estudantil (CUE), que será a candidatura maioritaria na representación estudantil tanto nesa ocasión como no seguinte proceso electoral. En 2021 ANEGA presentouse en solitario, sendo o sindicato estudantil con maior representación, mentres que unha escisión tomou o nome da CUE, obtendo resultados máis cativos. No curso 2021-2022 o sindicato paralizou a súa actividade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Asociacións de estudantes Categoría:Nacionalismo galego