Mary (Molly) Isolen Fergusson, nada o 28 de abril de 1914 en Stoke (Plymouth) e finada o 30 de novembro de 1997 en Londres, foi unha enxeñeira civil británica, a primeira muller integrante da Institución de Enxeñeiros Civís, que a admitiu en 1957.Haines, Catharine M. C., International women in science: a biographical dictionary to 1950, p. 98
Traxectoria Molly Fergusson, graduouse en enxeñaría civil na Universidade de Edimburgo en 1936, e para completar a súa formación foi contratada por dous anos en Blyth e Blyth de Edimburgo, sen soldo durante o primeiro ano.
Permaneceu na empresa e traballou en pontes e outros proxectos de infraestrutura en Escocia, Probablemente foi a primeira muller en ser nomeada socia principal dunha empresa consultora de enxeñaría en 1948. O 15 de xaneiro de 1957 foi a primeira muller elixida como membro de pleno dereito da sociedade británica de enxeñeiros superiores, a Institución de Enxeñeiros Civís.
Despois de xubilarse en 1978, continuou traballando como consultora e utilizou as súas ganancias para financiar unha bolsa universitaria para axudar aos estudantes de enxeñería. Tamén colaborou coa Women’s Engineering Society.
En 1979 outorgóuselle unha Orde do Imperio Británico e en 1985 un Doutoramento Honorario en Ciencias na Universidade de Heriot-Watt.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados en Plymouth Categoría:Enxeñeiros