Angela Saini, nada en Londres o 25 de outubro de 1980, é unha galardoada xornalista científica con formación en ciencias e enxeñaría. Presenta regularmente programas científicos na BBC Radio, e os seus escritos apareceron en New Scientist, The Guardian, The Times e Wired. O seu libro Inferior tivo grande éxito de crítica e foi nomeado Physics World Book of the year no ano 2017.
Traxectoria Angela ten un máster en enxeñaría pola Universidade de Oxford e foi membro do Programa de Periodismo Científico do Massachusetts Institute of Technology (MIT). O seu xornalismo recibiu eloxios e gañou importantes premios, entre eles o premio da Asociación de Escritores Científicos Británicos e o premio de ouro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia.
Libros Saini publicou o seu primeiro libro en 2011, Geek nation: How Indian science is taking over the world (“Nación geek: Cómo a ciencia india está conquistando o mundo”). En 2017 publicou Inferior: How Science Got Women Wrong and the New Research That’s Rewriting the Stor ("Inferior: Como a ciencia infravalora á muller e como as investigacións reescriben a historia"),onde desmonta unha falsa verdade biolóxica: as mulleres non son débiles, nin física nin mentalmente. E no 2019 Superior: The return of race science (“Superior: O retorno da ciencia racial”), obra na que analiza o papel da ciencia na difusión do racismo e os estereotipos raciais, que foi elixido por Nature como un dos 10 libros do 2019.
Televisión
Saini apareceu no programa University Challenge representando ao King's College London, xunto a Anita Anand (capitá), Zoe Laughlin, e Anne Dudley. Saini presentou o documental Eugenics: Science's Greatest Scandal, co activista Adam Pearson.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Episodio de Radio da BBC
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos do King's College de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Xornalistas da Bretaña