Sabine Bourgey, nada en Boulogne-Billancourt, nos Altos do Sena, é unha numismática francesa experta no comercio de moedas e autora de diversas publicacións sobre este tema. Desde 1993, dirixe a compañía familiar Bourgey, fundada en París en 1895 polo seu avó."Sabine Bourgey: biographie ". Société des Gens de Lettres."Depuis 1895...". Sabine Bourgey Numismatique.
Raíces familiares As orixes coñecidas da familia levan a 1610, a un establecemento de ferrería establecido no departamento de Isère. Étienne Bourgey, o avó de Sabine, desprazouse a París para crear alí un gabinete de numismática en 1895, e sábese que en 1907 xa se atopaba no número 7 da rúa Drouot, onde mantén a súa sede actual. A compañía tivo un grande éxito, en parte grazas ao numismático estadounidense Archer Huntington, daquela presidente da American Numismatic Society, que foi un dos seus principais clientes antes da I guerra mundial.Biografía de Huntington, como membro da American Numismatic Society. Émile Bourgey, o seu fillo, retomou o gabinete despois da II guerra, en 1946, e chegou a se converter nun gran experto en grandes poxas numismáticas.
Traxectoria Sabine Bourgey, filla de Émile Bourgey, graduouse en Historia na Sorbona e en Dereito na Universidade Panthéon-Assas. En 1982 doutorouse na Sorbona (Paris IV) cunha tese sobre os tesouros monetarios dos séculos V e VI en Italia (Les trésors de monnaies en Italie aux Ve et VIe siècles).
Realizou diversas reportaxes acompañando, a partir de 1985, as expedicións estadounidenses na procura de de galeóns españois como o Nuestra Señora de las Maravillas, afundido nas costas das Bahamas en 1656. Sobre este asunto publicou dúas monografías, unha en 1988 (Trésors, archives secrètes) e outra en 1996 (Trésors, légendes et réalités), esta última premiada en 1997 pola Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais."IAPN-Book Prize ". No sitio web de IAPN-AINP.
Á morte do seu pai en 1993, socedeuno na xerencia da compañía familiar e introduciuse no mundo das grandes vendas pública de moedas, sen esquecer as publicacións, con diversos traballos sobre a arte na moeda, algúns deles en colaboración con Georges Depeyrot e con Jean-Luc Desnier.Véxase a sección "Publicacións".
Transcendendo o ámbito numismático, a partir de 2001, publicou varios traballos sobre temática social e mesmo fixo unha incursión na novela, con Le trésor de la rue Mouffetard (2012), editada pola súa propia editorial, Éditions Bourgey. En maio de 2018 publicou a súa segunda novela: Fatale sélection.
Sabine Bourgey foi vicepresidenta do Sindicato Nacional de Anticuarios de Francia entre 2004 e 2013; forma parte do Conseil des Ventes Volontaires desde 2011 e é vicepresidenta da Compagnie Nationale des Experts desde 2015."Conseil d'Administration ". Compagnie Nationale des Experts. En 2001 Creou o Premio SNA, do libro de arte, no seo do Sindicato Nacional de Anticuarios."Le Prix SNA du livre d'art ". Syndicat National des Antiquaires.
Bourgey é membro do Comité de Ética de Canal+ Francia desde novembro de 2017.
Publicacións Estas son as publicacións de Sabine Bourgey ao longo da súa traxectoria como autora:"Bourgey, Sabine". WorldCat.
Monografías
(1982): Les monnaies françaises. Éd. Ouest-France. ISBN 978-2858824618 (1986): Les monnaies romaines. Éd. Ouest-France. ISBN 978-2737300035 (1988): Trésors, archives secrètes. Éd. Errance. ISBN 9782903442767 (1991): La République romaine. Fonds Bourgey (con G. Depeyrot). Éd. Errance. ISBN 978-2903442842 (1994): L'Empire romain. Fonds Bourgey (con G. Depeyrot e J-L. Desnier). Tome I (31 av. JC - 96 ap. JC). Tome II (96-235 ap. JC). Éd. Errance. ISBN 978-2877720700 / ISBN 978-2877720717 (1996): Trésors, légendes et réalités. Éd. de L’Amateur. ISBN 9782859172046 (2001): Héritages, Tabous, Rêves et réalités. Éd. Horay. ISBN 9782705803063 (2003): Sucre et sel, histoire de poudres blanches. Éd. Horay. ISBN 9782705803605 (2006): Le Grand Livre du petit coin (con S. Horay). Éd. Horay. ISBN 9782705804534 (2009): L'Art et la manière d'avoir de la chance. Éd. du Cherche Midi. ISBN 9782749111643 (2012): Sous le signe du métal. Histoire d’une famille du marché de l’art. Éd. Bourgey. ISBN 9782902617029
Novela
(2012): Le Trésor de la rue Mouffetard. Éd. Bourgey. ISBN 978-2902617036 (2018): Fatale sélection . Éd. Lucien Souny. ISBN 978-2848866741
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web de Sabine Bourgey Numismatique
Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Alumnos da Universidade Panthéon-Assas Categoría:Personalidades sen imaxes