miniatura|Condados de Francia contra 1030. miniatura|Condados de Francia contra 1180. O condado de Chartres foi unha xurisdición feudal de Francia centrada en Chartres.
Existiu en tempos dos carolinxios, xa que a cidade de Chartres tiña bispo (e todas as cidades con bispo tiñan conde) pero a mediados do século IX caeu en mans dos normandos. En 879 dominaba a zona un xefe normando chamadoHasting, que foi derrotado nese ano por Carlomán II e finalmente no 882 estableceuse como Conde de Chartres a cambio da paz. Vendeu o condado en 886 ou 892 para financiar unha expedición a Inglaterra na que desapareceu. Non se dispón de máis información ata 956 cando Teobaldo II era vizconde de Blois, quen se denominou Teobaldo I conde de Blois, Chartes e Châteaudun; a dinastía de Blois instalou vizcondes en Chartres, que aparecen desde 1019. A xurisdición do condado era un territorio definido con diversos señores feudais, mentres que a xurisdición dun vizcondado era sensibelmente máis reducida, sendo porén un dos principais señoríos do condado e o de maior rango.
Lista de condes de Chartres
Dinastía de Blois
960 - 975: Teobaldo I de Blois (910 - 975 / 977), conde de Blois que ocupou o condado de Chartres. 975 - 995 / 996: Eudes I de Blois (950 - 995 / 996), conde de Blois, fillo do anterior. 996 - 1004: Teobaldo II de Blois (- 1004) conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Provins e de Reims. Fillo do anterior. 996 - 1037: Eudes II de Blois (- 1037), conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Provins e de Reims, conde de Meaux ou Champaña como Eudes I. Fillo do anterior Teobaldo III 1037-1089 (fillo). Estevo Henrique 1089-1102 (fillo). Teobaldo IV o Grande 1102-1152 (fillo), conde de Champaña en 1125. Teobaldo V o Bo 1152-1191 (fillo), conde de Blois e Chartres. Lois de Blois, Chartres e Clermont, casado con Catarina, condesa de Clermont 1191-1205 (fillo). Teobaldo VI 1205-1218 (fillo). Margarida de Blois 1218-1231, condesa de Blois e Châteaudun (filla). Isabel de Blois 1218-25 de novembro de 1248, condesa de Chartres e Romorartin. Sulpicio de Amboise (marido) 1218 (m.1218). Xoán de Montmirail, vizconde de Cambrai (segundo marido) 1219-1244 (- 1244).
Dinastía de Châtillon
Xoán I de Blois-Châtillon 1244-1280 Conde de Saint Pol (fillo de María de Avesnes, que era filla de Margarida). Xoana de Blois-Châtillon 1280-1292 (filla). Pedro de Francia, conde de Alençon e Valois, conde consorte de Blois e Chartres 1280-1283. Xoana vende o condado a Filipe IV de Francia o Fermoso 1286.
Condes e duques por asignación real Algúns príncipes de sangue real levarían o título:
Carlos de Francia, (1270 - 1325), conde de Valois despois duque de Alençon, e conde de Perche, de Chartres, de Anjou e de Maine. Xoán de Valois (1302 - 1310), conde de Chartres, fillo de Carlos de Valois e Caterina de Courtenay. Lois de Valois (1318 - 1328), conde de Chartres, fillo de Carlos de Valois e de Mafalda de Châtillon. Carlos de Valois-Alençon (1297 - 1346), conde de Alençon e Chartres, fillo de Carlos de Valois e Margarida de Anjou. Renata de Francia (1509 - 1575), condesa de Chartres, filla de Lois XII de Francia e de Ana da Bretaña, casada con Hércules de Este, duque de Ferrara. O condado converteuse en ducado en 1528 e Ranata foi a primeira duquesa (tamén duquesa de Montargis). Afonso II de Este, duque de Ferrara, fillo do anterior, segundo duque de Chartres (dux Carnutum) e Montargis. Gastón, duque de Orleáns e duque de Chartres (1626-1660), fillo de Henrique IV de Francia. Filipe I, duque de Orleáns (1660 - 1701) e Chartres (1660-1674) fillo do rei Lois XIII de Francia o Xusto, sobriño do primeiro. A partir de 1674 o herdeiro de Orleáns tomou o título de duque de Chartres Filipe II o Piadoso, (duque 1674 - 1703) fillo dos anteriores. Luís IV Duque 1703 - 1725. Lois Filipe I o Gordo, (duque 1725 - 1752) fillo do anterior. Filipe III (1747 - 1792), duque 1752-1785 (desde 1792 coñecido como Filipe Igualdade) (m. 1793). Lois Filipe II (1773 - 1850), duque 1785 - 1789, fillo do primeiro, rei en 1830 como Lois Filipe I. Máis tarde o título só foi encomendado a fillos pequenos da familia real.
Xenealoxía da primeira dinastía de Blois | ->, Vizconde de Blois (-) X Riquilda de Bourges, tamén coñecida como Riquilda do Maine (m. despois do 942). | | -> Ricardo, arcebispo de (-). | ->, conde de Blois, de Chartres, e de Châteaudun (- sobre) | X Lietgarda de Vermandois.
| | -> Teobaldo (- 962). | | -> Hugo, arcebispo de Bourges (969 - 985). | | -> Eudes I, Conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims (- 996). | | X Berta de Borgoña.
| | | -> Teobaldo III, conde de Blois, de Chartres, de Châteaudun, de Provins e Reims (- 1004). | | | -> Eudes II, conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Provins e Reims, consorte de Meaux-Champagne (- 1037). | | | X Matilde de Normandía. | | | X Ermengarda de Auvernia. | | | -> Agnes | | X Godofredo II, Vizconde de Thouars.
| | -> Emma de Blois | X Guillerme Brazo de Ferro, conde de Poitiers. | | -> NN. X 1 Alan II da Bretaña, chamado Barba Torta. X 2 Folque II o Bo (- 958), conde de Anjou.
Categoría:Condados de Francia