Paulo Ríos Santomé, coñecido como Kai, nado en Moaña en 1993, é un político galego do BNG.

Traxectoria alt=Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020.|miniatura|Papeleta do BNG para o Parlamento galego, eleccións xullo 2020. Estudou o Grao de Ciencias Sociais na Universidade Aberta de Cataluña. Militou en Galiza Nova dende 2015, foi membro da Dirección Nacional de Galiza Nova dende ese ano e membro da Executiva Nacional do BNG. Foi secretario xeral da Unión da Mocidade Galega, posto que abandonou en 2020. Concelleiro de Mocidade en Moaña dende 2017.Dimite el edil de Deportes de Moaña, Abel Pérez,y entra Pablo Ríos que llevará Mocidade Na Asemblea Nacional Extraordinaria de outubro de 2019, foi elixido secretario xeral de Galiza Nova. Nas autonómicas de 2020 foi o número 6 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na UMG

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Moaña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1993 Categoría:Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia