Fleur Kemmers, nada o 4 de decembro de 1977 en Rhenen, Utrecht, é unha arqueóloga, numismática e académica neerlandesa, profesora de Moeda e Diñeiro na Antigüidade na Universidade Goethe de Frankfurt."Prof. Dr. Fleur Kemmers". Goethe Universität Frankfurt am Main."Kemmers, Fleur". En Coins Weekly. 20 de abril de 2016."Prof. Dr. Fleur Kemmers". Academia.net. Swiss National Science Foundation."Prof. Dr. Fleur Kemmers ". Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland.

Traxectoria Kemmers graduouse en Arqueoloxía na Universidade de Ámsterdam en 1996 e, logo do seu mestrado, en 2000 trasladouse a Nimega para desenvolver o seu doutoramento na Universidade Radboud, desa cidade. As súas investigacións naquel momento centráronse nas moedas romanas atopadas na fortaleza lexionaria de Nimega, examinando o seu uso e a súa subministración na rexión do baixo Rin no século I d. de C. Fleur Kemmers acadou o seu doutoramento en 2005 e a súa tese foi publicada o ano seguinte.Véxase (2006) en "Publicacións".

En 2003, Kemmers traballou tamén no Museo Real de Moedas e Medallas dos Países Baixos en Leiden, onde publicou achados monetarios no forte auxiliar (castellum) de Albaniana. Logo do seu doutoramento continuou a traballar na Universidade Radboud como investigadora, centrándose daquela nas moedas romanas do período militar da dinastía Severa (193-211), e en 2008 e 2009 foi profesora na mesma universidade.

En 2010, Fleur Kemmers ingresou no departamento de Arqueoloxía Clásica da Universidade Goethe de Frankfurt, en Alemaña, para ocupar a praza de Moeda e Diñeiro na Antigüidade."Neue Professur am Institut für Archäologische Wissenschaften der Uni Frankfurt". En Archaeologie Online. 2 de agosto de 2009. En paralelo ao seu labor docente, Kemmers continuou coas súas investigacións e os seus traballos acerca das cuñaxes romanas, entre os que cabe salientar a organización dunha exposición de moedas da colección da Universidade de Erlangen-Nuremberg, en 2014.<ref>"Ausstellung: Münzen der Antike ". Friedrich-Alexander Universität Erlanger-Nürnberg. 30 de xaneiro de 2014.</r ef> Entre 2016 e 2019 dirixiu o proxecto Syria Antiqua: objects and their stories in numismatics, de dixitalización das moedas grecorromanas da colección dos Museos Estatais de Berlín.<ref>"Syria Antiqua: objects and their stories in numismatics (additional funding for refugee scholars)". Digital Science & Research Solutions.</ref>

En 2017 presentou unha investigación que ela codirixe xunto con Katrin Westner, baseada na análise de moedas romanas, na que se demostra a variación na composición das aliaxes de cuñaxe e a propagación da prata desde Hispania logo da derrota de Haníbal."Analysis finds defeat of Hannibal 'written in the coins of the Roman Empire'. Science Daily.Pruschmann, S. B. (2017). "Roman Change: Ancient Coins Reveal Rise of an Empire". En Live Science. 16 de agosto.Forssman, A. (2017). "Roma se convirtió en una superpotencia gracias a la plata ibérica ". En National Geographic. 14 de agosto.

Tamén é frecuente a aparición de Fleur Kemmers como especialista en documentais relativos á historia de Roma e á arqueoloxía."Fleur Kemmers". IMDb.

Recoñecementos

2005: Premio W.A.Van Es, de arqueoloxía dos Países Baixos."W.A. van Es-prijs". Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed. 2006: Premio cuadrienal da Sociedade Real de Numismática de Bélxica. 2007: Premio X-ray Research, de WISER (Women in Science, Education and Research).

Publicacións

Monografías

(2006): Coins for a legion. An analysis of the coin finds from the Augustan legionary fortress and Flavian canabae legionis at Nijmegen. Maguincia. Philipp von Zabern. ISBN 9783805337304 (2009): Coins in context I: new perspectives for the interpretation of coin finds. Maguncia. P. von Zabern (con H-Mvon Kaenel). ISBN 9783805340915 (2014): Lege artis: Festschrift für Hans-Markus von Kaenel. Bon. Habelt. ISBN 9783774939110 (2019): The functions and use of Roman coinage: an overview of 21st century scholarship. Leiden. Boston Brill. ISBN 9789004413528

Escolma de artigos

(2003): "Quadrantes from Nijmegen: small change in a frontier province." En Schweizerische Numismatische Rundschau. 82. Páxinas 17-35. Sociedade Suíza de Numismática. (2004): "Caligula on the Lower Rhine: coin finds from the Roman fort of Albaniana (The Netherlands)". En. Revue Belge de Numismatique et de Sigillographie. 150. Páxinas 15-49. Sociedade Real de Numismática de Bélxica. (2009): "From bronze to silver: Coin circulation in the early third century AD". En Revue Belge de Numismatique et de Sigillographie. 155. Páxinas 143-158. Sociedade real de Numismática de Bélxica. (2009): "De Romeinse muntvondsten van het terrein De Hoge Woerd in De Meern (gemeente Utrecht)". En Jaarboek voor Munt- en Penningkunde. 95. Páxinas 1-64. (2011). "Rethinking numismatics. The archaeology of coins " (con N. Myrberg). En Archaeological Dialogues. 18(1). Páxinas 87-108. Cambridge University Press.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Fleur Kemmers en Academia.edu Vídeo: Numismatikerin Fleur Kemmers: Der Sesterz des Titus

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na provincia de Utrecht Categoría:Numismáticos dos Países Baixos Categoría:Historiadores dos Países Baixos Categoría:Arqueólogos dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Amsterdam Categoría:Alumnos da Universidade de Nimega Categoría:Profesores da Universidade de Nimega Categoría:Profesores da Universidade de Frankfurt