Emeraude, tamén denominado VE-121, foi un foguete francés de probas construído en base á experiencia cos foguetes Veronique e Vesta. Foi o predecesor do foguete Saphir, que daría lugar ao primeiro lanzador orbital francés, Diamant A. Alimentado por ácido nítrico e turpentina, era capaz de levar 395 kg de carga nunha traxectoria suborbital ata 200 km de altura. O motor, de 275 kN de impulso, funcionaba durante 91 segundos. O foguete tiña unha masa de 18.200 kg, unha altura de 17,93 m e un diámetro de 1,4 m.

Lanzáronse un total de cinco Emeraude entre 1964 e 1965, cos tres primeiros acabando en fracaso.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Diamant A

Categoría:Foguetes espaciais