Balduíno VI de Flandres, tamén coñecido como Balduíno de Mons, Balduíno de Hasnon ou Balduíno o Bo, nado c. 1030 e finado en 1070, foi fillo do conde Balduíno V e Adela de Francia (1009 - 1079), condesa de Corbie, e, polo tanto, pola súa nai, neto do rei de Francia Roberto II. Era por dereito propio conde de Flandres (1067 - 1070) e por matrimonio foi conde de Hainaut (1051 - 1070) (co nome de Balduíno I de Hainaut). Traxectoria En 1045 foi investido momentaneamente polo emperador Henrique III coa Marca de Antuerpen. En 1051, o seu pai casou con Riquilda, viúva do conde Herman de Hainaut, e tomou posesión deste territorio onde foi o primeiro Balduíno. Por causa da consanguinidade, os cónxuxes foron primeiro excomungados polo arcebispo de Cambrai actuando baixo a autoridade do Papa León IX, pero máis tarde foilles acordada unha dispensa papal en 1057 polo Papa Vítor II.
Como conde de Hainaut, Balduíno recoñeceu entre 1066 e 1070 o gremio de Valenciennes (Karitet). Por ter restaurado a Abadía de Hasnon en 1065, foi chamado alternativamente a Balduíno de Hasnon.
Conde de Flandres á morte do seu pai en 1067, o seu reinado estivo marcado pola fundación da Abadía de Grammont (Geraardsbergen) que recibiu privilexios en 1068. Sabéndose enfermo, organizou a súa sucesión durante a asemblea de Audenarde: ao fillo máis vello Arnulfo pasaría Flandres, baixo a tutela de seu irmán Roberto o Frisón; ao fillo máis novo, Balduíno, o HainautOs dous fillos de Herman de Hainaut foron privados da sucesión: Roxerio de Hainaut será bispo de Châlons-sur-Marne en 1066, e Xertrude entrará nun mosteiro. baixo a tutela da condesa Riquilda, a súa muller. No caso de morte dun dos fillos, o outro herdaría todo. Foi enterrado no mosteiro de Hasnon.
A pesar destas precaucións, a pronta morte de Balduíno deixou o condado de Flandres e o de Hainaut en disputa. O condado de Flandres logo foi apropiado por Roberto o Frisón, que se converteu en Roberto I de Flandres. O mozo Arnulfo III morrerá o ano seguinte na batalla de Cassel.
Devanceiros
Matrimonio e fillos Do seu matrimonio con Riquilda naceron tres fillos:
Arnulfo III de Flandres (1055 † 1071), conde de Flandres e Hainaut. Balduíno II de Hainaut (1056 - 1098), conde de Hainaut. Agnes, vivía en 1071. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Annales de la province et comté du Hainaut: tomo 2 - François Vinchant - 1848. Bavay et la contrée qui environment, de Lucien Delhaye - 1869. Aberto dende o Historial de Valenciennes, por Pierre de Outreman - 1688.
Categoría:Condes de Flandres Categoría:Condes de Hainaut Categoría:Finados en 1070 Categoría:Nados no século XI