Rosa Christina Norström (de solteira Rosa Christina Strokirk), nada o 13 de novembro de 1830 e finada o 24 de maio de 1944 en Estocolmo, foi unha numismática sueca.Högberg, T. (1961).Grundberg, M.; Hegardt, J. et al. (2015). Páxina 45.
Traxectoria Rosa Norström era filla do tamén numismático Wilhelm Theodor Strokirk."Strokirk, Wilhelm Theodor". AntikABC.dk En 1899 foi contratada pola Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades (Vitterhetsakademin), entidade que naquela época acollía o Gabinete Numismático Real de Suecia (Kungliga Myntkabinettet). En 1903 accedeu á presidencia do Gabinete Numismático e exerceu este cargo probablemente ata 1915, cando Bror Schnittger tomou o relevo no posto.
Foi membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca desde 1911."SNF:s korresponderande ledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
Estivo casada con Nils Vilhelm Emanuel Norström, finado en 1897."Rosa Christina Norström (nacida Strokirk), 1860 - 1944". Myheritage.es
Escolma de artigos
(1906): "Myntfynd från Bösarps kyrkogård" [Achado monetario no cemiterio de Bösarp]. En Fornvännen. Páxinas 191-195. (1907): "Romerskt myntfynd från Sigdes i Burs socken" [Achado de moeda romana de Sigdes en Burs]. En Fornvännen. Páxinas 202-203. (1913): "Två intressanta kopparmynt" [Dúas moedas de cobre interesantes]. En Numismatiska meddelanden. Sociedade Numismática Sueca. XX. Páxina 96.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Högberg, T. (1961). Svenska numismatiker under fyra sekler. Gotemburgo. Högbergs mynthandel. Grundberg, M.; Hegardt, J. et al. (2015). Ett museum måste irritera. Estocolmo. Historiska museet. ISBN 9789189176577
Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Numismáticos de Suecia