é un filme xaponés de animación de 2015, o 19ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 15ª da etapa Dragon Ball Z, que se estreou no Xapón o 18 de abril de 2015.
A resurrección de F é o segundo filme supervisado persoalmente polo creador da serie Akira Toriyama, despois de A batalla dos deuses en 2013. Ó igual que o filme anterior, está considerado unha parte oficial do argumento de Dragon Ball. O filme conta o regreso do malvado Freezer, así como o deus da destrución Beerus e Whis de A batalla dos deuses. Logo da súa resurrección grazas ás bólas do Dragón, Freezer empeza un adestramento intensivo por primeira vez na súa vida para acadar a vinganza sobre os guerreiros do espazo que o destruíron.
O filme recibiu valoracións positivas, especialmente da animación e das secuencias de acción, aínda que criticaron a súa historia formulada e mediocre adaptada para un público obxectivo específico sen un grande atractivo. A segunda historia arco de Dragon Ball Super, a nova serie de anime canónica da franquía Dragon Ball, conta de novo os eventos de A resurrección de F, aínda que foron engadidos e alterados algúns detalles, con escenas adicionais, subtramas e episodios estabelecidos antes dos eventos do filme para cubrir o arco de 13 episodios.
Foi estreado en galego o 19 de marzo de 2017 a través da tvG2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes de Dragon Ball Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 2015 en 3D Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2015 con versión en galego