Howard G. "Ward" Cunningham, nado en Michigan City o 26 de maio de 1949, é un programador estadounidense que desenvolveu a primeira wiki e foi coautor do "Manifesto for Agile Software Development"Manifesto for Agile Software Development Pioneiro no padrón de deseño e da programación extrema, comezou a codificar a WikiWikiWeb en 1994, e instalouna na páxina web da consultoría de software que creou coa súa esposa, Karen,Lih, Andrew (2009). The Wikipedia Revolution, páx. 58. Hyperion, Nova York. . Cunningham & Cunningham (coñecida habitualmente polo seu nome de dominio, c2.com), o 25 de marzo de 1995, como anexo ao Portland Pattern Repository. Escribiu un libro sobre wikis titulado The Wiki Way e inventou o Framework for Integrated Tests.

Cunningham foi un voceiro clave nos primeiros tres relatorios da serie de conferencias sobre a investigación e a práctica das wikis e tamén no Wikimedia Developer Summit 2017.

Traxectoria Cunningham naceu en Michigan City, Indiana e criouse en Highland, Indiana, permanecendo alí durante o instituto. Recibiu o seu grao en enxeñaría interdisciplinar (enxeñaría eléctrica e ciencias da computación) e o seu mestrado en ciencias da computación pola Universidade Purdue, en que se graduou en 1978.The Wikipedia Revolution - Andrew Lih, page 46 Foi foundador de Cunningham & Cunningham, Inc. e tamén actuou como director de R&D en Wyatt Software e como enxeñeiro xefe en Tektronix Computer Research Laboratory. É o fundador de The Hillside Group e participou na conferencia Pattern Languages of Programming que patrocina. Cunningham formou parte da comunidade Smalltalk. Entre decembro de 2003 e outubro de 2005, traballou para Microsoft Corporation no grupo "Patterns & Practices". De outubro de 2005 a maio de 2007 tivo o posto de Director of Committer Community Development na Eclipse Foundation.

En maio de 2009, Cunningham uniuse a AboutUs como CTO.Bishop, Todd. (26 de xaneiro de 2004) Seattle Post-Intelligencer. Microsoft Notebook: Wiki pioneer planted the seed and watched it grow. Section: Business; Page D1. O 24 de marzo de 2011, The Oregonian informou que Cunningham saíra de AboutUs para unirse a CitizenGlobal, unha startup con sede en Venice-Beach que traballa en contidos de vídeo. Continúa como "aseso" de AboutUs. Cunningham abandonou CitizenGlobal para ser programador en New Relic.

Vida persoal Cunningham vive en Beaverton, Oregón. Ten unha licenza Extra Class de radioafeccionado outorgada pola Federal Communications Commission, e o seu sinal de chamada é Kilo Nine Oscar X-ray, K9OX.

Publicacións

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas WikiWikiWeb, including his WikiHomePage 2012 Dr. Dobb's Interview EclipseCon 2006 interview with Ward Cunningham (MP3 audio podcast, running time 20:01) The Microsoft patterns & practices group home page The Simplest Thing That Could Possibly Work (entrevista de 2004) "The Web's wizard of working together " – profile originally in The Oregonian, 19 de decembro de 2005 You can look it up: The Wikipedia story – excerpt from the 2014 book The Innovators

Categoría:Nados no condado de LaPorte, Indiana Categoría:Nados en 1949 Categoría:Enxeñeiros de software